Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contrata os traballos de análise, descrición e valoración de postos de traballo


# Mércores, 21/01/2009
O obxectivo final é dar un mallor servizo aos cidadáns lucenses

Imaxe Asociada

A  Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación provisional pola contratación dos traballos de análise, descrición e valoración de postos de traballo, elaboración da relación de postos de traballo e plan de emprego do Concello de Lugo.

 

O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, recordou que se trata dun compromiso que o equipo de Goberno acordado cos sindicatos do Concello, co “obxectivo de mellorar a relación de postos de traballo da administración local”. “A empresa adxudicada asesorará ao Concello para mellorar o cadro de persoal que responda ás necesidades que se demanden dos traballadores e dar un mellor servizo aos cidadáns.

 

A empresa EOSA foi a elexida por ofrecer a mellor das oito ofertas presentadas contando cun orzamento de 106.000 euros.

 

Por outra banda a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adxudicación provisional das obras de reordenación de espazo público en Miguel de Cervantes por un importe de 102.800 euros  á empresa Asogal Construcciones SL.  O Voceiro lembrou que “como xa anunciara o Goberno Local no mes de outubro, a altura dos nº 38, 42 e 44 da rúa fórmase unha pequena praza pavimentada na actualidade en formigón impreso e con pequenas zonas verdes na mesma, con riego automático e alumeado público. O pavimento da praza está algo deterioraro rompendo nalguns puntos debido ao asentamento do terreo que se produciron nos últimos tempos, de tal forma que nalguns puntos cercanos ás fachadas se observa que o pavimento de formigón baixou uns 10 cm. Por iso compre a demolición da praza, o saneamento da explanada e posterior reordenación da mesma”.

 

Esta reordenación inclúe a pavimentación, creación de zonas verdes, alumeado público, drenaxe superficial e mobiliario urbano(bancos e papeleiras, de maneira que non interrumpa o vado existente; ademais colocarase unha pérgola proxectada como zona de descanso) .

 

Ademáis a Xunta de Goberno aprobou dúas licenzas de actividade e de obras,  sete licenzas urbanísticas, e as bases para o proceso selectivo para acobertura interina de prazas de administrativo da administración xeral   e para a provisión do posto de traballo de director ou directora da gardería municipal das Fontiñas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova