Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo atendeu a máis de 700 persoas ao longo do 2008 dentro do programa de axudas de emerxencia social


# Xoves, 22/01/2009
Para este ano conta cun orzamento de 90.000 euros para a atención urxente

Imaxe Asociada

O programa de axudas de Emerxencia Social, posto en marcha pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carme Basadre, atendeu a 715 persoas ao longo do ano 2008, das que 149 eran homes e 566 mulleres, e 186 eran inmigrantes ou emigrantes retornados.

 A Concelleira explicou que “O programa de axudas de emerxencia social fundaméntase no acaecemento de feitos imprevisibles e de atención urxente, e pretende dar resposta a situacións de necesidades en cuestións básicas como a alimentación, o vestiario, os gastos farmacéuticos ou sanitarios, ou os gastos escolares”.

Os principais beneficiarios destas axudas do fondo de Emerxencia Social correspóndense cos grupos de desempregados, maiores perceptores de pensións non contributivas, inmigrantes, membros do colectivo xitano e mulleres con menores ao seu cargo.

Ao longo do ano 2008, o Concello de Lugo adicou a este programa de axudas 78.639,25 euros, o que supón un incremento de 20.779,81 euros con respecto ao ano anterior, cando o Concello aportara 57.859,44 euros. Basadre indicou que para o 2009 contarase cun orzamento de 90.000 euros.

Os inmigrantes, perceptores deste fondo, recibiron en 2008 unha axuda media de 108,63 euros por persoa. No caso dos beneficiarios españois, o importe medio das axudas foi de 110,56 euros.

O centro social de A Milagrosa e o de Lamas de Prado foron os centros que máis persoas atenderon con 27´77% e o 23´39% dos usuarios respectivamente, mentras que o Centro Social de Fingoi foi o que menes persoas atendeu co 6´78% dos casos.

Fogar do Transeúnte
Por outra banda, a Concelleira fixo balance das persoas atendidas ao longo de 2008 no o Fogar do Transeúnte de Lugo “atendemos a 2.350 persoas: 95 menores, 226 mulleres e 2029 homes; deles, máis de 300 eran persoas estranxeiras”.

 Basadre explicou que “contamos cunha media de 14 pernoctacións ao día (o centro conta con 20 prazas), e entre 20 e 30 ceas ao días ás que hay que sumar as das familias que as veñen buscar para levalas a casa”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova