Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora con Médicos sen fronteiras no coñecemento das crises humanitarias máis desatendidas do 2008


# Venres, 23/01/2009
O obxectivo é informar sobre as emerxencias que afectan enormemente á humanidade

O Concello de Lugo, a través da súa Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, desexa colaborar coa ONG Médicos sin Fronteiras facendo público o seu informe As Dez Crises humanitarias máis desatendidas de 2008.

De todo o conxunto de crises humanitarias existentes seleccionáronse as 10 que Médicos sin Fronteras considera foron as máis desatendidas no 2008 pola Comunidade Internacional, polos actores internacionais con responsabilidade ou capacidade de influencia nas mesmas.

O obxectivo principal do informe é que polo menos unha vez ao ano os medios de comunicación axuden a informar sobre as emerxencias que a miúdo pasan desapercibidas a pesar do enorme balance de sufrimento que xeran. Creese firmemente que mobilizalos, e a través de eles á opinión pública, é unha forma de exercer presión sobre os políticos e outros actores con capacidade de acción, un compromiso ao que se suma o Concello de Lugo.

As Dez Crises humanitarias máis desatendidas de 2008.

Desprazamentos masivos de poboación civil, violencia, e necesidades médicas sen cubrir na República Democrática do Congo (RDC), Somalia, Iraq, Sudán, Etiopía e Pakistán, xunto a emerxencias médicas esquecidas en Myanmar ou Zimbabue, son algunhas das emerxencias máis graves rexistradas no mundo o ano pasado, segundo o informe "As dez crises humanitarias máis desatendidas do 2008", publicado hoxe por Médicos Sen Fronteiras en España. A falla de atención global á crecente prevalencia da coinfección VIH-tuberculosis e a crítica necesidade dun maior esforzo para prever e tratar a desnutrición infantil completan a lista.

"Detrás deste informe están millóns de persoas afectadas por guerras e por enfermidades, cunhas necesidades de saúde máis inmediatas que se ven relegadas ao olvido e cun sufrimento que a miúdo pasa desapercibido. Son crises de grande magnitude, nas que os actores implicados ou con capacidade de influencia ignoran á poboación civil, mentras que as organizacións humanitarias apenas poden cubrir unha pequena parte das enormes necesidades ou ás veces nen sequera conseguen acceder a quenes requiren axuda urxente", explica María Díaz Martínez.

Somalia e a República Democrática do Congo (RDC) son os dous países do informe que arrastran conflitos de máis longa duración, máis de quince anos de crise que en 2008 experimentaron graves recrudecimientos da violencia; en ambos casos, miles de persoas se viron obrigadas a fuxir das súas casas, sen acceso á atención sanitaria, comida, auga ou refuxio. Ao igual que en Sudán -Darfur e o Sur do país seguen sendo escenario de dúas graves emerxencias, con miles de afectados-, mentras a comunidade internacional se enreda en interminables discusións, a poboación civil queda a merced da desnutrición ou enfermidades que se poden prever e tratar como a malaria, o sarampión ou a meninxites.

A asistencia tamén é urxente para as poboacións atrapadas polos enfrontamentos entre Exército e grupos rebeldes en Ogadén, a Rexión Somalí de Etiopía, onde a falla de asistencia é flagrante e rexistráronse preocupantes tasas de desnutrición en varias áreas, así como en Iraq, onde a debilidade do sistema sanitario impide que os feridos polos bombardeos e a violencia sectaria reciban unha atención rápida e eficaz. Contextos como o iraquí ilustran ademais que o espazo para unha axuda humanitaria independente, imparcial e neutral é cada vez máis reducido.

Por unha parte, as organizacións operan en situacións de crecente inseguridade, en entornos xeralmente máis peligrosos, e por outra en conflitos moi politizados e volátiles, onde MSF veu limitada a súa capacidade de responder directamente ás considerables necesidades médicas. "En 2008 se agravaron os ataques deliberados contra as organizacións humanitarias, obrigando a suspender as operacións en distintos rincóns do mundo -explica María Díaz Martínez -. Miles de persoas quedan entón sen asistencia e caen ademais no máis absoluto dos olvidos e a merced de abusos dos que ninguén é testemuña".

En Somalia, a escalada de violencia, incluindo ataques e ameazas contra os traballadores humanitarios, obrigou a MSF a reducir algunhas das súas operacións en 2008, tendo incluso que retirar ao seu persoal internacional, coa redución que elo supón na asistencia proporcionada a unha poboación xa de por sí debilitada. En Pakistán, centos de miles de persoas fuxiron dos ataques aéreos e os bombardeos dunha campaña contrainsurxente no noroeste do país a principios de ano. Tras as ameazas, agresións e secuestros perpetrados contra traballadores humanitarios, MSF reduciu o número de traballadores internacionaies nos seus proxectos.

En lugares como Myanmar e Zimbabue -onde os gobernos non priorizan a atención sanitaria o no ven con bos ollos a presenza de ONG-, as organizacións humanitarias vense obrigadas a limitar o tipo de asistencia prestada ou deben facer fronte en solitario a abrumadoras crises sanitarias. En Myanmar, onde MSF é a única institución que se ocupa da atención aos enfermos de VIH/Sida, centos de miles de persoas morren innecesariamente debido á falla de tratamento, mentras que o Goberno apenas fai nada para axudar á súa propia poboación e os donantes internacionais miran para outro lado.

Os responsables e os financiadores dos programas internacionais de axuda alimentaria tamén amosan pouco compromiso na loita contra a desnutrición aguda severa, causa da morte de 5 millóns de nenos/as cada ano, a pesar de existir unha respuesta médica eficaz, os Alimentos Terapéuticos Listos para Usar (RUTF). Ás veces son os propios Gobernos quenes obstaculizan esta loita: en Níxer, en 2008, o Goberno obrigou a MSF a poñer fin ao seu programa nutricional infantil na rexión de Maradi, onde deceas de miles de nenos/as padecían desnutrición aguda.

Finalmente, o informe destaca a urxente necesidade dunha maior inversión na loita contra a coinfeción de Sida e Tuberculose, tendo en conta que a incidencia desta última triplicouse en países cunha alta prevalencia do VIH nos últimos quince anos. De feito, a tuberculose é unha das principais causas de morte entre as persoas seropositivas, e sen embargo nen existen ferramentas de diagnóstico sensibles á coinfeción nen tratamentos adaptados ás necesidades específicas destos pacientes.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova