Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reforza as medidas de seguridade fronte a alerta vermella que se activará a partir das 21:00 horas


# Venres, 23/01/2009
O Concello puxo en marcha un operativo especial reforzando os servizos de protección ante os ventos de máis de 150 qm/h

A Concellería de Protección da Comunidade do Concello de Lugo fai públicas unha serie de medidas que debe ter en conta a cidadanía lucense ante a alerta vermella que será activada por Protección Civil no día de hoxe, venres 22 de xaneiro, a partir das 21:00 horas, momento no que segundo os servizos meteorolóxicos soprarán a unha velocidade de máis de 150 quilómetros por hora. O Concello de Lugo ven recomendando dende esta mañá, na que se activou a alerta laranxa, as seguintes medidas de protección:

-Retirar dos balcóns e galerías calquera elemento que poida caer á vía pública ( macetas etc...)

-Subir ou baixar totalmente as persianas exteriores para evitar a creación de bolsas de aire que provoquen a rotura das mesmas.

-Non camiñar por zonas de risco : zonas axardinadas con árbores de grandes ramas, neste caso se recomenda non acceder aos parque da nosa cidade ( Rosalía de Castro, Albeiros e Frigsa ).

-Solicítase a colaboración cidadá para que, se son coñecedores dunha situación de risco (ramas caídas en vías, estradas, caída de elementos de fachadas, etc), se poñan  en contacto cos seguintes teléfonos:

092.- Policía Local

010 .- Atención ao Cidadán do Concello (ata ás 20:30)

112.- Urxencias.

O Concello paralizou ademais o funcionamento das fontes de Praza do Rei e de Fonte dous Ranchos e puxo en marcha un operativo especial reforzando servizos talles como:

- Bombeiros.- aparte do servizo normal hai un retén de reforzo

- Protección Civil

- Policia Local

- Brigada de zona rural.

- Patrulla Verde


Así mesmo avisouse ás empresas de guindastres para que tomen as medidas oportunas, desbloqueando as mesmas (exercen efecto catavento e non hai risco de que rompan ou veñan abaixo).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova