Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Educación organiza a representación do espectáculo Cachai 'Aula aberta de filosofía'


# Venres, 23/01/2009
Os mozos e mozas de Lugo poderán desfrutar desta obra que ten percorrido un bo número de cidades españolas

A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, organizou para a vindeira semana espectáculo Cachai " Aula aberta de filosofía" con motivo da semana mundial pola paz.

O espectáculo chega ao Auditorio Municipal Gustave Freire, despois de percorrer gran parte da nosa geografia: Barcelona, Zaragoza, Huesca, Vigo, Pontevedra, Córdoba,  Almeria, Jaen, e Zamora entre outras.

Coa participacion dos alumnos e alumnas dos centros de ensino secundario da cidade,  Cachai convértese nun "aula de filosofía", precedido dunha presentación e seguido dun posterior debate. Trátase dunha experiencia pedagóxica única.

Baseada nun feito real,ocorrido a noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno, a dramaturxia expón a peripecia de subsistencia de dúas mozas que perseguidas polos militares e habendo perdido esa noite aos seus pais, vense obrigadas a vivir por espazo de dous anos dentro do nicho dun cemiterio.

Cando non queda nada, ás veces familia, casa, traballo,identidade legal, saúde o afecto. A vida entonces acontece grazas á insistencia por agarrarse a ella. Nunha loita constante por non perder a dignidade, nunha loita por sobrevivir.

As representacións terán lugar os dias 26 e 27 de xaneiro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova