Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Delegada de Urbanismo di estar "satisfeita" polo resultado do Pleno de aprobación provisional do PXOM


# Luns, 26/01/2009
María Novo confirma que o día 25 de febreiro abrirá a Oficina de Información do Plan

A Delegada de Urbanismo, María Novo, manifestou a "profunda satisfacción do equipo de goberno" tralo Pleno de aprobación provisional do Plan Xeral. Novo lembrou ademais os diferentes pasos que terá que dar este documento urbanístico ata a aprobación definitiva que terá que realizar a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

Unha vez que o Secretario do Concello dilixencie e fiscalice toda a documentación aprobada no Pleno, deberá remitila a urbanismo que será quen a faga chegar á Consellería de Medio Ambiente e á de Política Territorial. Neste senso, Novo quixo ser prudente "espero que a tramitación sexa áxil, pero os prazos non dependen do Concello".

A Delegada incidiu moito "para que non haxa erros de interpretación"no feito de que o Pleno aprobou provisionalmente o Plan, e que será a Xunta de Galicia quen teña a última palabra.

María Novo anunciou que a partir do 25 de febreiro, e ao longo dun mes aproximadamente, o Concello de Lugo porá a disposición dos veciños e veciñas unha Oficina de Información do plan Xeral para solventar todas as dúbidas que xurdan entre a cidadanía. Alí recibirán información persoalizada de mans de técnicos da área de urbanismo que coñecen perfectamente o documento. María Novo suliñou que "o obxectivo é solucionar calquera dúbida relacionada co documento, alegacións, normativa, planimetría, ordenanzas… Queremos que o Plan sexa coñecido e por iso xa tivo o maior prazo de exposición que permite a lei".

Oficina de Información do PXOM:
- Abrirá o 25 de febreiro no Uxío Novoneyra
- Horario de mañás de 9-13.30 horas
- De luns a venres
- IMPRESCINDIBLE que se solicite CITA PREVIA no 010 (se chaman fóra de Lugo o 982297350)
- A Cita previa poderá solicitarse a partir do 2 de febreiro
- O servizo de atención facilitará un día e unha hora a cada persoa que chame.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova