Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A EGAP selecciona o proxecto Lugo xa Conecta para o Banco de Boas Prácticas na Administración Local en Galicia


# Martes, 27/01/2009
A distinción recoñece a innovación deste proxecto levado a cabo pola Concellería de Servizos Xerais

Imaxe Asociada Lugo Xa Conecta

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) seleccionou o proxecto Lugo xa Conecta, levado a cabo polo Concello de Lugo a través da Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, para o Banco de Boas Prácticas na Administración Local en Galicia.

A finalidade deste proxecto da EGAP é recoller, documentar e sistematizar información sobre experiencias innovadoras de goberno, xestión e prestación de servizos no ámbito local, co obxectivo de facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre Concellos. En definitiva, trátase de contribuir á mellora da xestión das competencias desenvolvidas e dos servizos prestados polas administracións locais de Galicia.

Son 5 áreas sectoriais suceptibles de identificación de boas prácticas:
  - Atención á Terceira idade
  - Plans e programas de atención a emigrantes retornados e/ou inmigrantes
  - Medio Ambiente
  - Participación cidadá e atención á cidadanía
  - Igualdade

O proxecto do Concello de Lugo responde á liña de Participación cidadá e atención á cidadanía. Lugo xa conecta persegue ensinar aos cidadáns as vantaxes que ofrece a Administración electrónica, as posibilidades de facer trámires no Concello dende a casa:

- solicitar axudas, subvencións e licenzas,
- realizar pagos,
- coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes a tempo real,
- recibir información sobre a falta dalgún documento,
- recibir notificacións, etc.

Ademais, Lugo xa conecta... ofrece para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do 2009 na Aula do Castiñeiro do Concello de Lugo un completo programa no que se inclúen diferentes actividades formativas:

- Fotografía dixital.
- Dominio do teclado - Mecanografía.
- Introducción a Openoffice.
- Internet.
- Alfabetización dixital - Primeiros pasos co ordenador e os seus programas básicos.
- Blogsfera - Creación do Blog do Castiñeiro.
- GDI - Grupo de persoas con discapacidades intelectuais.
- Iniciación práctica con Linux - Sistema operativo gratuito e de libre distribución.
- PID - Punto de información dixital.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova