Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Patrulla Verde do Concello de Lugo tramitou no 2008 máis de 3.000 denuncias e informes


# Xoves, 29/01/2009
A súa actividade desenvólvese no ámbito do Medio Ambiente, Urbanismo, Réxime Interior e Protección da Comunidade

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou o balance do traballo realizado pola Patrulla Verde no ano 2008. O edil explicou que os axentes tramitaron un total de 3.026 denuncias e informes estreitamente relacionadas coas áreas de Urbanismo, Medio Ambiente e Protección da Comunidade.

Rábade recordou que esta patrulla creada no ano 1997 “ten como principal labor a protección do medio ambiente", e destacou o "excelente traballo desta patrulla que pertenece a Policía Local de Lugo".

Urbanismo
Con respecto ó Urbanismo, os axentes da Patrulla Verde efectuaron 394 informes e 94 denuncias administrativas pola realización de obras que carecían da correspondente licenza urbanística. Os canalóns e as baixantes de augas pluviais rotas ou atascadas que vertían auga á rúa provocaron un total de 27 denuncias.

En relación ás casas que infrinxen a normativa vixente en materia de seguridade, ornato e estética das edificacións do contorno, así como os solares sen pechar e con mal estado de conservación, os axentes tramitaron 90 denuncias administrativas.

Medio Ambiente
No tocante ao Medio Ambiente as denuncias máis frecuentes, un total de 37, están relacionadas coa tenencia de animais de compañía, por causar molestias á veciñanza, levar ao can solto opr un lugar público, non recoller os seus excrementos, non levalo identificado con microchip e por non telo censado no rexistro de animais de compañía do Concello de Lugo.

Neste campo 11 denuncias teñen que ver coas infraccións por depositar residuos en vertedoiros incontrolados, así como de facer un mal uso da xestión dos residuos sólidos urbanos. Ademais, neste campo, houbo 13 denuncias polo mal estado de conservación do sistema de canalización das augas residuais e 13 por pegar carteis de publicidade naqueles lugares onde non está permitido facelo.

Protección da Comunidade
En relación á Protección da Comunidade 194 denuncias tramitadas pola Patrulla Verde céntranse naqueles vehículos que presentan un estado de abandono, dos que 56 foron retirados das rúas da cidade.

A ocupación ilegal da vía pública ou o exceso de aproveitamento suman 65 denuncias e 352 informes. Rábade indicou que "estes informes son precisos para autorizar a ocupación da vía solicitada por particulares con elementos como guindastres de obra, plataformas elevadoras ou andamios". No que vai de ano, autorizouse a colocación na vía pública de 1.124 colectores de obra e o corte de tráfico de vehículos en ditintas rúas da cidade en 47 ocasións, comprobando previamente que era imprescindible para a execución das obras.

As denuncias administrativas por carecer de licenza de apertura dos locais comerciaies suman un total de 13. Este servizo realízase básicamente sobre os establecementos encadrados como actividades molestas, insalubles, nocivas e perigosas.

Os informes para a concesión da licenza municipal de vado (249), informes para Xulgados de Primera Instancia e Instrucción e do Penal (33), informes sobre o lugar de residencia (39), sobre as festas populares (81) e os previos á instalación de terrazas na vía púbica (68), completan o traballo realizado pola Patrulla Verde.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova