Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E O BOXING CLUB CIDADE DE LUGO ORGANIZAN UNHA XORNADA DE BOXEO


30/1/2009 Será o sábado 31 de xaneiro a partir das 10:30 horas no polideportivo do Palomar

Mañá, sábado 31 de xaneiro, terá lugar unha xornada de boxeo organizada polo Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo a partir das 10:30 horas no polideportivo do Palomar.

A competición consistirá en cinco combates de Full Contact e Kick Boxing de recheo e dous fixos de Boxeo Olímpico Amateur nos que participarán, entre outros, os boxeadores lucenses Alberto Piñeiro “Piña”, actual campión de España, e a xoven promesa Iván “Fiera” Martínez.

O obxectivo desta xornada é conseguir un mellor nivel competitivo entre os rapaces que practican boxeo na Escola Municipal de Boxeo e así acadar máis experiencia co fin de obter, aínda, mellores resultados nos vindeiros campionatos galegos e de España nas categorías Junior, Cadete e Senior.