Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca a IX Mostra de Teatro Clásico de Lugo cunha obra de Moratín


# Venres, 30/01/2009
As seis representacións coas que conta o ciclo terán lugar entre o 1 e o 8 de febreiro

A IX Mostra de Teatro Clásico de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo  que dirixe Concepción Burgo, e Caixanova arrinca o vindeiro domingo 1 de febreiro con La comedia nueva o El café de Leandro Fernández de Moratín.

A obra do dramaturgo madrileño é unha crítica aos dramas espectaculares pero sen contido que se representaban nos teatros da época. A través dos diálogos das personaxes reunidas nun café reclámase a reforma dun teatro que sirva de deleite e instrucción para a sociedade.

A representación, que correrá a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico, terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20:30 horas.

A Mostra de Teatro continuará o luns 2 de febreiro cunha das obras que máis veces foi representada nos teatros de todo o mundo: Hamlet de William Shakespeare.

As entradas están a venda  a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500 ou na taquilla do Auditorio Municipal unha hora antes de cada representación. O prezo establécese entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademáis pódense mercar bonos para as 6 funcións a 45 euros na zona A, 35 euros na zona B e 25 na zona C.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova