Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Calderón de la Barca será o seguinte protagonista da IX Mostra de Teatro Clásico


# Martes, 03/02/2009
O Auditorio Municipal acollerá o mércores 4 de febreiro a representación de La vida es sueño

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • La Vida es Sueño
  • La Vida es Sueño

Despois de La comedia nueva o el café de Hamlet a IX Mostra de Teatro Clásico, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, continúa mañá mércores 4 de febreiro coa representación de La vida es sueño de Calderón de la Barca.

Pérez de la Fuente Producciones porá en escea, a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, esta obra do barroco español. O público poderá coñecer a historia do príncipe Segismundo, estrenada en Madrid no ano 1635, e que plasma o carácter rebelde, atormentado e inconformista do autor; e que fai dudar entre o mundo dos soños e da realidade, entre o teatro e a vida.

Baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente autores da talla de Fernando Cayo, Chete Lera, Ana Caleya ou Jesús Ruymán darán vida a esta xoia do teatro español.

Poderán mercarse as entradas na taquilla do Auditorio Municipal unha hora antes de cada representación. O prezo establécese entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova