Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Representantes dos colexios profesionais de Lugo visitan as instalacións do CEI-NODUS


# Martes, 03/02/2009
O Concello de Lugo continúa co seu obxectivo de abrir o centro ás empresas da cidade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acompañou aos representantes de diferentes colexios profesionais da cidade nunha visita ao Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

O obxectivo deste acto é achegar, unha vez máis, este centro municipal ás empresas lucenses co fin de que os profesionais da cidade, os autónomos, saiban que no CEI-Nodus dispoñen de asesoramento técnico para os seus proxectos, información sobre subvencións, fiscalidade e outras ventaxas que pode ter hoxe en día este colectivo.  

Con esta visita preténdese, ademais, que os traballadores autónomos coñezan que teñen a súa disposición unhas instalacións punteiras en canto a tecnoloxía e que poden facer uso delas para formación, pero tamén para outros encontros que queiran celebrar aqueles colexios profesionais que non dispoñan de instalacións axeitadas. O obxectivo último é fomentar o emprendemento neste sector profesional para que novas empresas se implanten na cidade e estimular deste xeito a creación de emprego. 

Esta estreita colaboración cos colexios profesionais da cidade ten como finalidade cumprir cos obxectivos marcados pola Concellería que dirixe Sonia Méndez para este ano ante a difícil situación económica global. Dende a súa Concellería búscanse as fórmulas idóneas para estimular a economía e crear novos empregos para as persoas, sobretodo para aquelas en situación de dificultade, así como o asesoramento na búsqueda de emprego e a formación dos traballadores para que poidan competir en igualdade.

Neste encontro, ademais da Concelleira, participaron representantes do Colexio Oficial de Mediadores de Seguros Titulados, Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos, do Colexio Oficial de Aparexadores e de arquitectos técnicos, do Colexio de Enxeñeiros de Caminos, Canles e Portos, do Colexio Oficial de Xestores Administrativos e do Colexio Oficial de Avogados.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova