Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Turismo de Lugo atendeu en FITUR máis de 3.500 consultas


# Mércores, 04/02/2009
As audioguías, o Lugo romano, a gastronomía,e o Lugo accesible son alguns dos produtos que máis interese espertaron na feira internacional

Un ano máis o Turismo de Lugo estivo presente na Feira Internacional de Turismo  (FITUR 2009), que se celebrou en Madrid entre o 28 de xaneiro o 1 de febreiro. A cidade de Lugo participou xunto con outras cidades como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra como expositor de Turgalicia neste evento que rexistrou unha alta aprticipación.

A cidade de Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira, os profesionais do sector e a prensa especializada en turismo cultural, gastronómico e de natureza. Entre a oferta turística presentada, espertaron un especial interese o Lugo Romano, as rutas audioguiadas en Mp3, a Rede de Sendas, a Guía Lugo Accesible, a Pequena Guía de Lugo, a gastronomía e os aloxamentos da cidade.

Ao longo dos cinco días que durou FITUR, o mostrador de Lugo recibiu máis de 3.500 consultas de información. Confírmase así que a capital española, por tratarse dunha das principais Comunidades Autónomas emisoras de turistas á cidade, segue un ano máis a ser importante e, ademais, un mercado fiel que repite a visita.

Tamén houbo encontros con varias axencias de viaxes e touroperadores franceses e belgas, que realizan circuítos por Galicia, que se mostraron moi interesados polas  pequenas cidades con encanto e, en particular, pola Muralla Romana.

A gran repercusión da feira FITUR a convirte no esceario perfecto para dar a coñecer os atractivos da cidade, que acude ao encontro cun variado material promocional da súa oferta turística.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova