Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa coa representación de Ariadna


# Mércores, 04/02/2009
Será o xoves 5 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Ariadna
  • Ariadna

A programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa mañá xoves, 5 de febreiro, coa representación da obra Ariadna no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.

Atalaya TNT e o Centro Andaluz de Teatro, representarán sobre as tablas do Auditorio Municipal esta historia mitolóxica. Presentarán ante o público lucense unha figura que é das máis coñecidas e representadas na historia da pintura e do arte en xeral. Un mito que asociamos ao Laberinto do Minotauro, unha heroína cretense que representa a lucidez e a rebeldía, que se evade a través do soño e ansía a liberdade.

O ciclo continuará o sábado 7 de febreiro, con Los locos de Valencia de Lope de Vega. 

As entradas están a venda a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500, en unha hora antes da representación na taquilla do Auditorio. O prezo establécese  entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova