Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes suecos visitan o Concello de Lugo


# Mércores, 04/02/2009
O Alcalde recibiu na Casa Consistorial a estes rapaces e rapazas que participan nun intercambio con estudantes da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello aos estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Os 20 alumnos suecos acudiron acompañados por dúas profesoras do centro educativo de Täby. No acto, tamén participaron o subdirector do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e un profesor.

Este grupo de estudantes conforman unha nova promoción deste proxecto de intercambio de estudantes que se desenvolve entre os dous institutos desde o ano 2000.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por esta nova visita que “xa se convertiu nunha tradición”. José López Orozco salientou o importante papel que desempeñan este tipo de actividades, pois sirven para descubrir novas culturas e pobos e destacou que ”sodes vos os que facedes o camiño para construir Europa, a través da amizade, a paz o diálogo e o respeto”.

Tanto o mandatario municipal lucense como os mestres coincidiron en destacar o éxito deste programa de intercambio, que cobra unha dimensión humana e educativa moi importante, tanto para os alumnos como para as familias de acollida e mesmo para os profesores.

Ao final do acto o Alcalde e os profesores lucenes e suecos intercambiaron agasallos institucionais como lembranza deste encontro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova