Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA O 5º PREMIO DE FERRETES ENTROIDO 2009


5/2/2009 Repartiranse un total de 500 euros en premios

A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 1º Premio de Ferretes Entroido 2009 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 25 de febreiro.

Segundo as bases do concurso poderá optar a este premio calquera cidadán sen límite de idade. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia.

Os textos deberán estar redactados en galego: o estribillo terá que ser unha estrofa de catro versos heptasílabos e os ferretes recitados, como mínimo de catro e máximo de seis.

Os traballos deberán entregaranse na Concellería de Cultura e Turismo, sito na praza Maior nº1, antes das 14.00 horas do día 19 de febreiro de 2009, nun sobre dirixido á Asociación Pepe Barreiro, no que figurará como remitente un pseudónimo, e no seu interior, outro sobre co nome, enderezo, e teléfono de contacto.

Repartiranse un total de 500 premios divididos en:

- Estribillo                                        150 €
- 1º Premio                                       100 €
- 2º Premio                                         50 €             
- 3º Premio                                         30 €
- 17 Premios cada un de                     10 €