Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Locos de Valencia a seguinte obra da novena edición da Mostra de Teatro Clásico que rematará con Romeo y Julieta


# Venres, 06/02/2009
A representación terá lugar o sábado 7 e o domingo 8 de febreiro a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo continúa coa representación da obra de Lope de Vega: Los locos de Valencia.

Nesta obra, que porá en escea a compañía Teatro Corsario, o dramaturgo español transmite con lirismo e con gran ironía a locura do amor situando a historia nun manicomio.

Xa o domingo, unha das obras máis coñecidas de Shakespeare pechará a novena edición deste ciclo de teatro clásico. Romeo y Julieta, a historia de amor máis coñecida de todos os tempos e que mostra o mundo da dualidade: Montesco frente Capuleto, amor e odio, día e noite, libertad e destino, deber e desexo, vida e morte… Pero ademáis, presenta a fatalidade dun destino inexorable, disposto polos intereses e polas pasións, polo rencor herdado e polo egoísmo e intolerancia dos demáis.

As entradas están a venda desde a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500, e unha hora antes da función na taquilla do Auditorio. O prezo establécese  entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova