Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX Mostra de Teatro Clásico pecha cunha gran afluencia de público


# Luns, 09/02/2009
A edición do 2009 contou cun total de 6 representacións

Un ano máis a Mostra de Teatro Clásica organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova contou cunha gran afluencia de público nas representacións o que a consolida como unha das citas teatrais de máis prestixio, non só en Lugo, senón en Galicia e no Noroeste de España.

Na novena edición, mantívose a afluencia de espectadores do ano anterior: cunha media de máis de 600 por representación, ainda que houbo xornadas con maior número de público, nas representacións de dúas obras do autor inglés Shakespeare: o luns 2 de febreiro con Hamlet e o domingo día 8 con Romeo y Julieta, nas que houbo cheo absoluto e houbo que colgar o cartel de “non hai entradas”.

Nas seis sesións teatrais que tiveron lugar entre o 1 e o 8 de febreiro pasaron polo Auditorio Municipal preto de 3.800 persoas que disfrutaron, ademáis das obras de Shakespeare, de pezas teatrais como La comedia nueva o El café de Moratín, Los locos de Valencia de Lope de Vega, La vida es sueño de Calderón de la Barca e a historia mitolóxica de Ariadna.

Dende a organización desta mostra vese a media de espectadores por sesión como un verdadeiro éxito, o que  demostra que se está a crear unha afición polo teatro clásico entre a poboación de Lugo e áreas cercanas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova