Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A biblioteca Municipal supera os 48.800 prestamos ao ano


# Mércores, 11/02/2009
O centro conta con preto de oito mil usuarios inscritos no servizo de préstamo

Imaxe Asociada Animacion á lectura

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que porá en marcha o Concello de Lugo a partir do 12 de febreiro que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. É o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa enmarcada nas políticas de impulso da Biblioteca Municipal e que é unha aposta do Goberno Local para acostumar á lectura e o achegamento ao libro dende pequenos.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 12 de febreiro e o 11 de xuño:

- 12 de febreiro: Animación á lectura da man de Cucarandainas: Quén non atopou a súa casa?

- 19 de febreiro: Contacontos a cargo de  María Crespo: Música cos músicos de Bremen.

- 5 de marzo: Contacontos con Raquel Queizás: Contos pícaros.

- 26 de marzo: Animación á lectura con Cucarandainas: O cabezolo namorado

- 2 de abril: Contacontos da man de Sherezade: Un universo de contos.

- 16 de abril. Contacontos e animación á lectura con Cucarandainas: Contos da lúa

- 7 de maio. Contacontos a cargo de Soledad Felloza: De Tin Marín

- 21 de maio.- Animación á lectura con Cucarandainas: Un mundo ao revés

- 4 de xuño.- Animación á lectura con Cucarandainas: Pinturiño

- 11 de xuño. Contacontos con Martiño e Sherezade: Píntame un soño

Segundo os datos do balance do 2008 da Biblioteca Municipal, están acadando moito éxito. Ademais, a Concelleira explicou que “este ano contarase cun espazo moito más amplo para a realización desta actividade ao ter xa rematadas as obras de adecuación do baixo da biblioteca que contan con novo mobiliario, e que contou cun orzamento de 30.000 euros”.
Un ano máis a Biblioteca Municipal aumentou o número de usuarios, tanto nas súas instalacións como dos servizos de préstamo a domicilio.  No ano 2008  pasaron polas efectuáronse un total de 48.819 préstamos, superando en máis de 1.180 efectuados no 2007. Tamén aumentou a utilización do servizo de novas tecnoloxías, en uso dende o 2006, que superou os 4.100 accesos a Internet.
Por outra banda, no último ano sumáronse ao fondo bibliográfico un total de 2.343 libros. Das novas obras, 794 son libros para un público adulto e 904 están destinadas aos máis pequenos.  Os títulos en castelán máis solicitados por los adultos deste fondo son:
- El juego del ángel, de Carlos Ruiz Zafón
- El niño con el pijama de rayas, de John Boyne
- El secreto, de Rhonda Byrne
- Tormenta, de Lincoln Child
- Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini

Os libros máis demandados en galego son:
- Manual práctico de galego, de Xosé Beltrán
- Ollos de auga, de Domingo Villar
- Os últimos fuxidos, de Xosé Fernández Ferreiro
- Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana
- O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl, en castelán,  e Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz, en galego, son os libros infantiles máis retirados.
O catálogo da Biblioteca tamén incorporou nestes últimos meses un  total de 645 obras  audiovisuais, 419 DVD e 202 discos. Destes soportes os máis solicitados son a película El amor en tiempo de cólera,  a infantil Donkey Xote e o documental  Seis grados que podrían cambiar el mundo. No referente a música o o disco dos mexicanos Maná Arde el cielo y Personas de El Canto del Loco foron os máis solicitados.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova