Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza máis de 30 actividades para a celebración das festas de entroido 2009


# Xoves, 12/02/2009
Traballan conxuntamente as Concellerías de Cultura e Turismo, Muller e Benestar Social e a de Xuventude

Imaxe Asociada Entroido

As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentaron a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2009.

As actividades, arredor de 32, darán comezo o día 16 de febreiro e non rematarán ata o 25 do mesmo mes. Inclúen talleres de disfraces, traxes e maquillaxe como paso previo ao inicio destas festas nas que as actividades na rúa teñen todo o protagonismo. Estos talleres están organizados por Xuventude e  desenvolveranse na Casa da Música e na Praza Maior a partir do 16 de febreiro:

Talleres de Xuventude
Casa da Música
Lunes 16/02, martes 17/02, miércoles 18/02 y jueves 19/02 - 18:00h a 20:00h

Viernes 20/02 17:00h a 20:00h Festa de Entroido

Praza Maior
Sábado 21/02 y lunes 23/02- 17:00h a 20:00h

Domingo 22/02 y martes 24/02 - 11:00h a 13:30h y de 17:00h a 19:30h

O programa conta cunha Comida de entroido como inicio oficial das festas o xoves 19 de febreiro

XOVES, 19 DE FEBREIRO

14.00 H.
No Centro Social Municipal  Milagrosa, Comida do Entroido.
Aberta a toda a poboación. Prezo 8 €.
Ó finalizar a comida haberá un baile  con música en vivo. As inscricións faranse no Centro Social da Milagrosa os días 9, 10, 11, 12 e 13 de febreiro en horario de 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas.

O día 20 ás 20.00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo de José Blázquez, presidente de Ágora Cultural e pintor lucense.

VENRES,  20 DE FEBREIRO

 

20.00 H.
Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo de Jose Blázquez. A continuación, polas rúas da cidade, actuación das charangas Trompo das Nicras, Os Amigos de Manolo e Los 4 gatos

20.30 H.
No Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, concerto de bailables da Banda Municipal de Lugo.

Os actos continuarán os seguintes días con actividades tan tradicionais como a Feira de Produtos típicos ou o Concurso de disfraces:

SÁBADO,  21 DE FEBREIRO

10.00 H.
Na praza da Soidade Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada polo grupo de música tradicional Arrincadeira

11.00 H.
No Centro Social Municipal Uxío Novoneyra Torneo de Xadrez co seguinte horario: 11.00- 13.00 e 17.00- 19.00 horas.
O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá premios para os mellores clasificados/as.
Neste torneo haberá seis categorías:

  • Menores de 8 anos.
  • Menores de 10 anos.
  • Menores de 12 anos.
  • Menores de 14 anos.
  • Menores de 18 anos.
  • Familiares dos participantes (acompañantes)

17.00 H.
Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Riazor). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello, antes das 14 horas dese día.
* En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.
INDIVIDUAL:

1º premio:  vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:

1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:

1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

18.00 H.
Baile de Entroido no local Díaz Castro do Centro Social Municipal Lamas de Prado con música en directo.
20.00 H.
Polas rúas da cidade actuación das charangas Os Virtuosos do Tinto, Riazor, Paradela e Trompo das Nicras

DOMINGO,  22 DE FEBREIRO

16.30 H.
No barrio de Montirón, Concurso de Disfraces, organizado pola AA.VV. Hnos. Pedrosa – Francisco Norte.

17.30 H.
Na praza Maior Xadrez na rúa. Partidas de xadrez organizadas pola Concellería de Educación para aqueles rapaces e rapazas que se acheguen, así coma unha Biblioteca Ambulante con libros para o tempo de lecer. A actividade prolongarase ata as 19.30 horas.

18.00 H.
Baile de Entroido no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra con música en directo.
20.00 H.
Polas rúas da cidade actuación das charangas Riazor, Armadanza e Os Virtuosos do Tinto.

LUNS, 23 DE FEBREIRO

17.00 H.
Polas rúas da cidade Treboada de percusión a cargo do grupo de recuperación etnográfica María Castaña.

17.30 H.
Na praza Maior Xadrez na rúa. Partidas de xadrez organizadas pola Concellería de Educación para aqueles rapaces e rapazas que se acheguen, así coma unha Biblioteca Ambulante con libros para o tempo de lecer. A actividade prolongarase ata as 19.30 horas.

18.00 H.
Baile infantil de Entroido no Centro Social Municipal Milagrosa ata as 20.00 horas.
18.00 H.
Na praza Maior, tarde de baile coa orquestra Noche de Gala.

20.30 H.
Polas rúas da cidade actuación das charangas Garrafón.com, Paradela e Terra Chá.

MARTES, 24 DE FEBREIRO

17.00 H.
Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Viño Branco). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior.

As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 23 de febreiro, ás 14 horas.

PREMIOS
INDIVIDUAL:

1º premio: 550 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
3 premios de 150 €

PARELLAS:

1º premio: 700 €
2º premio: 600 €
3º premio: 500 €
5 premios de 200 €

COMPARSAS:


1º premio: 1000 €
2º premio: 800  €
3º premio: 600 €
7 premios de 300 €

17.30 H.
Na praza Maior Xadrez na rúa. Partidas de xadrez organizadas pola Concellería de Educación para aqueles rapaces e rapazas que se acheguen, así coma unha Biblioteca Ambulante con libros para o tempo de lecer. A actividade prolongarase ata as 19.30 horas.

20.00 H.
Polas rúas da cidade actuación das charangas  O Cuco de Velle, Viño Branco e Os Virtuosos do Tinto.

MÉRCORES, 25 DE FEBREIRO

18.00 H.
Baile infantil de Entroido no Centro Social Municipal Fingoi ata as 20.00 horas.
18.00 H.
Baile de Entroido no local Trapero Pardo do Centro Social Municipal Lamas de Prado con música en directo.
20.00 H.
Enterro da Sardiña. Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes co seguinte percorrido: praza Maior, rúa Conde Pallares, rúa da Cruz, praza do Campo, Rúa Nova, praza da Soidade, praza de Santo Domingo, rúa da Raíña, praza Maior (palco diante da Casa do Concello).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova