Imprimir

O CONCELLO DE LUGO COLABORA UN ANO MÁIS COA FEIRA DO ENTROIDO DE NADELA


12/2/2009 Terá lugar o domingo 15 de febreiro a partir das 9:00 horas

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela xunto ao presidente da Asociación Carballeira de Nadela, Manuel González.

Esta feira terá lugar o domingo 15 de febreiro desde ás 9:00 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os postos de venta ao público. O obxectivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os gandeiros da comarca.

A Concelleira animou a todos e todas a acudir a Nadela a disfrutar en familia desta feira que promociona os produtos típicos da terra neste día de festa.

Os asistentes poderán adquirir produtos típicos do Entroido como a carne de porco e doces tradicionais.

As autoridades insugurarán a feira ás 13:00 horas, despois da lectura do pregón que este ano lle corresponde a Rogelio Silva Gayoso, Conselleiro de Política Territorial, Xustiza e Interior do Goberno de Aragón. O público que se achegue gozará dunha degustación gratuíta de viño do país acompañado por unha tapa de Entroido.

O Concello de Lugo pon a disposición de todos os lucenses interesados en asistir un servizo gratuíto de autobuses con saída desde ás 9:00 e ata ás 15:00 horas desde a avenida de Ramón Ferreiro, diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.