Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 200 nadadores competirán en Lugo no Campionato Galego Infantil de Natación


# Xoves, 12/02/2009
Será esta fin de semana nas instalacións do Club Fuvial de Lugo

Imaxe Asociada

Lugo será a sede esta fin de semana do Campionato Galego Infantil de Natación 2009. A proba foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, o Delegado da Consellería de Deportes, Juan José Molina, e o vicepresidente do Club Fuvial, José Vázquez.

O Concelleiro explicou que fai sete anos que a proba non se celebra na cidade, cando foi na piscina municipal de Frigsa. Nesta ocasión a competición terá lugar nas instalacións do Club Fuvial de 11:00 horas a 17.30 horas o sábado e de 10:00 a 17:00 horas o domingo. Díaz Grandío agradeceu á Federación Galega a selección de Lugo como sede desta competición dun deporte que conta cun gran número de afeccionados na cidade.

Preto de 200 nadadores (113 rapaces e 71 rapazas) de 24 clubes de toda Galicia competirán en Lugo durante as dúas xornadas.

Os organizadores animaron aos lucenses a disfrutar desta cita deportiva na que participarán os mellores nadadores de Galicia da categoría infantil.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova