Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE AOS PARTICIPANTES NUN POSTGRADO DA USC SOBRE CIENCIAS DA FAMILIA


12/2/2009

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a un grupo de graduados de diferentes países de América do Sur que están a realizar en Santiago de Compostela un postgrado de dous meses sobre Ciencias da familia: Familia e novas tecnoloxías.

Nesta xornada visitaron o Concello de Lugo como cidade que forma parte do programa de cidades educadoras. O Alcalde afirmou que os Concellos teñen a responsabilidade en formación da súa cidadanía e debe realizarse dun modo transversal, no que se impliquen todas as Concellerías para axudar as persoas a desenvolver todas as súas capacidades.

López Orozco mostrouse encantado con este encontro entre educadores de diferentes paises, o que permite unir culturas para facer un mundo mellor, de paz e de xustiza, igualdade e solidaridade.

Os participantes neste postgrado visitaron, ademais da Casa do Concello, o Centro de Interpretación da Muralla e a Catedral de Lugo.