Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.300 atletas participarán na terceira carreira do Corre con Nós


# Venres, 13/02/2009
Terá lugar o domingo 15 de febreiro a partir das 12:00 horas na estrada de Ombreiro

Imaxe Asociada

O vindeiro domingo, 15 de febreiro, terá lugar a terceira proba do circuito Larsa Corre con Nós organizado polo Concello de Lugo. O punto de saída e meta de todas as categorías estará situada na propia estrada de Ombreiro no cruce coa Ponte Nova.

Serán máis de 2.300 atletas entre maiores e pequenos os que participen nas catro carreiras que se disputan:

- Categoría A.-  saida ás 12:00 horas cunha distancia de 600 metros
- A continuación a categoría B percorrerán 1.600 metros
- A continuación a categoría C  que correrán 2.600 metros
- Categoría D cunha distancia de 2.600 metros

A derradeira carreira será a da categoría Adultos con 1.273 preinscritos engadíndose os 35 inscritos do CAMPIONATO GALEGO UNIVERSITARIO que se disputa ao mesmo tempo aproveitando a oportunidade que lle da o Concello de Lugo á Universidade de podelo disputar paralelamente ao Corre con Nós na distancia de 5.100 metros.

O corte da estrada de Ombreiro entre os tramos do cruce da Ponte Nova (onde estará a saída) e a estación depuradora (onde estará situado o punto de retorno da carreira dos adultos) será efectivo entre as 11:00 horas e as 13:30 horas.


máis información na web do Corre con Nós


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova