Imprimir

APRÓBASE A CONTRATACIÓN DE TRES PROXECTOS DO CONCELLO DE LUGO INCLUÍDOS NO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL


13/2/2009 O Goberno continúa co seu compromiso aumentar nun 76% o investimento público

A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o investimento de 49.970 euros en tres das obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local que mellorarán os contornos e espazos públicos urbanos de diferentes zonas da cidade:

- Rotonda da Avenida Carvalho Calero
- Encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi
- Zona verde da rúa Miguel de Cervantes.

Estas tres actuacións, aprobadas a pesar da abstención do BNG, inclúense dentro dos 79 proxectos aprobados dentro do Fondo Estatal de Investimento Local para o ano 2009 e que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.

Por outra banda, realizaranse melloras na zona rural por valor de 38.186 euros que inclúen alumeado na zona rural  e para a mellora do asfalto na parroquia de Bascuas. Tamén se aprobou o arranxo dun camiño en Cima de Vila por 34.169 euros.

Ademáis, no ámbito de Protección da Comunidade investiranse 14.136 euros para melloras na sinalización da cidade. Mercaranse 250 bolardos incluídos dentro do programa de seguridade vial do Concello e sinais normativas do tráfico para complementar a sinalización dos coxíns europeos que se están a instalar na cidade e para sustituir aquelas danadas ou deterioradas.

A Xunta de Compras tamén aprobou a reforma, revestimento e colocación de enreixado no muro das piscinas exteriores de Frigsa, por un importe de 57.172 euros.

Todas as obras aprobadas nesta xuntanza e que se realizarán con orzamentos do Fondo Estatal e municipais, demostran o aumento de investimento público do Concello que se incrementou nesta anualidade nun 76%.