Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ao Consejero de Política Territorial, Justicia e Interior do Goberno de Aragón


# Luns, 16/02/2009


Imaxe Asociada Rogelio Silva

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao Consejero de Política Territorial, Justicia e Interior do Goberno de Aragón, Rogelio Silva Gayoso, que mañá, domingo 15 de febreiro, realizará o pregón da Feira de Entroido de Nadela organizada polo Concello de Lugo e a Asociación Carballeira de Nadela.

O Alcalde afirmou que é unha satisfacción recibir a un lucense que ten un alto cargo na Comunidade Autónoma de Aragón “é unha honra para a cidade ter a un fillo seu nun destino tan importante”. López Orozco desexoulle ao Consejero de Aragón os mellores éxitos no desenvolvemento do seu traballo.

Pola súa banda, o Silva Gayoso firmou no Libro de Ouro do Concello de Lugo resaltando que é unha honra ser recibido na súa cidade polo Alcalde e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, en representación de toda a Coorporación Municipal lucense.

No acto o Alcalde de o Consejero intercambiaron agasallos. Silva recibiu do Alcalde un libro sobre a Muralla e pola contra o Alcalde recibiu un libro sobre Aragón e una xerigrafía.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova