Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Tres pezas conforman a nova edición da Mostra de Teatro Galego organizada polo Concello de Lugo


# Luns, 16/02/2009
As representacións terán lugar entre o 19 de febreiro e o 5 de marzo

Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a segunda edición da Mostra de Teatro Galego organizada pola súa Concellería. Baixo o título Xoves de humor o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de tres pezas galegas os días 19 e 26 de febreiro e o 5 de marzo.

A primeira das obras en chegar á cidade será Anxeliños. A compañía Espello Cóncavo presentará a historia de Charli, un expolicía do réxime franquista que dirixe unha axencia de cobro de morosos. Xunto ao protagonista xiran unha serie de personaxes que tratan de salvar a súa axencia, incluso pactar cun ganster.

O espectáculo Arte chegará ás tablas do Auditorio Gustavo Freire o 26 de febreiro. Fulano, Mengano e Citano representarán esta historia cómica que xira entorno a unha obra de arte. Serxio merca un cadro en branco por unha enorme suma de diñeiro. Marcos, que odia a arte moderna non comprende como pudo facer tal cousa. O terceiro en aparecer en escea será Iván, o mediador no conflito que acaba metido no enredo.

Aeroplanos, da compañía Lagarta, Lagarta, porá o punto final ao ciclo o xoves 5 de marzo. A peza é unha comedia de intriga, enxeñosa, idealista, e de linguaxe sutil. Trátase dunha viaxe da vida, na que falando das relacións humanas permite volver a atopar o pracer de vivir e recuperar a través delas o amor, os sentimentos, a alegría de vivir e algo desa moral e sinceridade que se foron perdendo noutras cousas.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos que comezarán ás 20:30 horas. O importe das entradas será único: 5 euros.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova