Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Ballet Clásico de Manchuria presenta en Lugo O último emperador


# Luns, 16/02/2009
Será o martes 17 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Ballet Manchuria
  • Ballet Manchuria

O Ballet Clásico de Manchuria representará mañá, martes 17 de febreiro, a obra O último emperador, dentro da programación cultural organizada polo Concello de Lugo e Caixanova para o primeiro semestre do ano.

Esta actuación englóbase dentro dunha xira que a compañía de ballet realizará por diferentes cidades galegas e que arrincará no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O último emperador narra a historia do último mandatario da dinastía Ching, Pu Yi, que padeció o gran cambio social e político do seu país, despois da cruenta ocupación xaponesa. A montaxe foi creada fai dous anos polo coreógrafo Iván Cavallari e coproducido polo Ballet de Stuttgart. A vida do monarca Pu Yi queda atrapada nos dous actos e resumida nunhas dúas horas, co acompañamento da música de Shostakovich e Tchaikovsky.

 O Ballet Clásico de Manchuria fundouse en 1980 convertíndose pronto nunha das máis importantes compañías de Ballet Clásico en China. Realiza ballet clásico con características da tradición china.

No ano 2002 realizou unha frutífera cooperación coa compañía de ballet alemana Dance Broker combinando a tradición china coas ideas de famosos directores europeos.

Moitos bailarines da compañía foron enviados a Estados Unidos, Italia, Australia, Francia, Japón, Cuba e Rusia para realizar estudos avanzados e obtiveron numerosos premios.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova