Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola Municipal de Patinaxe celebra o Entroido cunha festa de disfraces


# Martes, 17/02/2009
Será no pavillón da Piringalla o mércores 18 de febreiro a partir das 18:00 horas

Imaxe Asociada

Co gallo do Entroido 2009 e, como xa ven sendo tradición, a Escola Municipal de Patinaxe celebrará unha festa de disfraces no Pavillón Municipal da Piringalla sito na rúa Angelo Colocci.

Esta festa terá lugar o mércores 18 de febreiro en horario de 18:00 a 20:00 horas. Están invitados todos os alumnos e alumnas da escola, así como os seus pais e nais, e amigos que poderán animarse e porse os patíns para probar esta emocionante aventura.

Os organizadores deste evento, a Concellería de Deportes do Concello de Lugo e o Club Patíns Lóstregos Lucus, agardan a maior afluencia de xente posible e que os participantes disfruten coa festa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova