Imprimir

A ESCOLA MUNICIPAL DE PATINAXE CELEBRA O ENTROIDO CUNHA FESTA DE DISFRACES


17/2/2009 Será no pavillón da Piringalla o mércores 18 de febreiro a partir das 18:00 horas

Co gallo do Entroido 2009 e, como xa ven sendo tradición, a Escola Municipal de Patinaxe celebrará unha festa de disfraces no Pavillón Municipal da Piringalla sito na rúa Angelo Colocci.

Esta festa terá lugar o mércores 18 de febreiro en horario de 18:00 a 20:00 horas. Están invitados todos os alumnos e alumnas da escola, así como os seus pais e nais, e amigos que poderán animarse e porse os patíns para probar esta emocionante aventura.

Os organizadores deste evento, a Concellería de Deportes do Concello de Lugo e o Club Patíns Lóstregos Lucus, agardan a maior afluencia de xente posible e que os participantes disfruten coa festa.