Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo respostará persoalmente cada unha das alegacións ao PXOM


# Martes, 17/02/2009
Será a partir da vindeira semana coincidindo coa apertura da Oficina Municipal de Información sobre o Plan

Imaxe Asociada

A Delegada da Área de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, lembrou que o vindeiro mércores, 25 de febreiro abrirá as súas portas a Oficina Municipal de Información sobre o Plan Xeral de Ordenación e que, ademais, ese mesmo día “dende o Concello comenzaremos a contestar persoalmente ás alegacións que presentaron cada un dos veciños”.

A Delegada insistiu en que as alegacións non foron contestadas con anterioridade nin se abriu antes a oficina xa que o documento aprobado inicialmente en pleno tivo que ser dilixenciado polo Secretario e os técnicos municipais estiveron a incorporar as modificacións.

O Goberno Local cumprirá así co “seu compromiso cos veciños e veciñas que no seu momento presentaron as súas alegacións ao remitirlles o acordo do pleno no que se establece a estimación o desestimación das súas alegacións así como a xustificación e o plano que acredita a contestación que se lle da”.

Novo manifestou a súa satisfación polo éxito que está a ter a solicitude de cita na Oficina  Municipal de Información que conta xa con 521 solicitudes, estando completas todas as citas ata o día 20 de abril. O prazo para solicitar cita rematará o vindeiro luns 23 de febreiro. Lémbrase que é imprescindible solicitala a través do 010 (se chama dende fóra de Lugo no 982 297 350).

A Oficina de atención do Plan estará aberta a partir do día 25 de febreiro de luns a venres en horario de 9:00 ás 13:30 horas, e ofrecerase unha atención persoalizada a cada cidadán. A Oficina Municipal de Información do PXOM é a única oficial, na que participan os técnicos municipais coñecedores do documento urbanístico e da súa tramitación.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova