Imprimir

COMEZA A II MOSTRA DE TEATRO GALEGO ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LUGO


18/2/2009 A compañía Espello Cóncavo representará no Auditorio Gustavo Freire a obra Anxeliños

A segunda edición da Mostra de Teatro Galego organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, arrincará mañá xoves 19 de febreiro coa obra Anxeliños. Baixo o título Xoves de humor este ciclo acollerá a montaxe de tres pezas galegas ata o 5 de marzo.

A primeira das obras chegará da man da compañía Espello Cóncavo. Presentarase a historia de Charli, un expolicía do réxime franquista que dirixe unha axencia de cobro de morosos. Xunto ao protagonista xiran unha serie de personaxes que tratan de salvar a súa axencia, incluso pactar cun ganster.

O espectáculo Arte, o 26 de febreiro, e Aeroplanos, o xoves 5 de marzo completan o cartel das obras deste ciclo teatral.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos que comezarán ás 20:30 horas. O importe das entradas será único: 5 euros.