Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras da Avenida de Madrid que completan o Convenio de Travesías da cidade de Lugo


# Mércores, 18/02/2009
O Alcalde amosou a súa satisfacción por ver rematado un plan de obras fundamental para a cidade xa que mellora todos os seus accesos

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción ao anunciar o comezo das obras da Avenida de Madrid, que veñen ar completar o Convenio de Travesías asinado no seu día co Ministerio de Fomento.

López Orozco suliñou a importancia desta obra, que conta cun orzamento de 3,3 millóns de euros e un prazo de execución de dous anos, porque completan un proxecto “que sempre foi un soño para nós. Hoxe Lugo é unha gran cidade que compite con calquera outra cidade desenvolvida. Estamos a cambiar esa posición de resignación que había en Lugo, polo optimismo ante o posible”.

O Alcalde explicou que esta obra se divide en tres fases: dende Bernardino Pardo Ouro ata Bal e Gay, dende Bal e Gay ata a Fonte do Rei e dende Bernardino Pardo Ouro ata A Tolda, onde enlaza co desdoblamento de Nadela.

Con esta obra, que conta cun orzamento de 3,3 millóns de euros e ao que hai que sumar os 2.113.660,80 euros das expropiacións, complétase un ambicioso plan de obras que contou con 22.803.968,93 euros de investimento de execución total -case 3.800 millóns de pesetas- e modificou o aspecto de 8 travesías e 15 quilómetros de vías urbanas.

Foron necesarios 14 millóns de euros máis
Os traballos da Avenida de Madrid rematan o Convenio de Travesías ampliado con arredor de 14 millóns de euros polo Alcalde de Lugo, nun convenio asinado o 9 de outubro de 2004 co actual presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, e a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. “Cando eu cheguei a esta Alcaldía había un convenio con arredor de 9 millóns de euros que non chegaron para arranxar todas as travesías, foron precisas novas xestións ata conseguir 14 millóns de euros máis para facer todas as obras. Este segundo convenio inclúe ademais como novidade o pago das expropiacións, das que se fai cargo o Ministerio de Fomento”.

Este Plan de obras das travesías de Lugo incluiu:

- O acondicionamento da travesía Ada Coruña
- Proxecto de adecuación da Ronda da Muralla
- Proxecto de adecuación da Rúa San Roque
- Proxecto de adecuación da Rúa Castelao

No ano 2004 López Orozco ampliou este Convenio con 13.871.495,62 máis de orzamento de execución, asinando un novo acordo que aumentaba as obras e remataba todos os accesos á cidade. Esta nova fase incluiu:

- Avenida das Américas,
- Carlos Azcárraga
- Estrada de Santiago
- Avenida de Madrid que comezou a desenvolverse o pasado 17 de febreiro

López Orozco destacou que se trata de obras que modernizan a cidade, “esta boa nova confirma que entre todas e todos estamos a facer unha cidade nova, da que disfrutamos e da que temos que estar orgullosos”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova