Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A linguaxe e a comunicación, temas centrais do novo número de Foeminas


# Xoves, 19/02/2009


O número de febreiro da revista Foeminas céntrase na linguaxe e na comunicación, reflexionando e debatindo en torno as accións cotiás ligadas cos significados das palabras, as mensaxes e as imaxes.

Preséntase en Portada a segunda parte do artigo de Cristina Corral Soilán chamado "Limitacións na linguaxe non verbal: a imaxe da muller na publicidade” e a habitual reflexión de Portada leva por título "Conseguirás que non che nomee nunca máis" que intenta advertir sobre o uso dunha linguaxe máis plural e equitativa co xénero feminino.

Doutra banda, a sección Enlazadarrobas toma tamén como eixe central a linguaxe, o discurso e a comunicación cun artigo denominado "O que non se nomea non existe". A sección Contemporánearroba recorda o ingreso da Profesora Margarita Ledo Andin na Academia das Letras Galegas.

Ademais, a sección Fale dela, recentemente estreada, permite coñecer a vida da Corraleira a través da mirada e o relato de Antonio López. En Historia de Mulleres, coincidindo coa toma de posesión de Barak Obama, ofrece a conmovedora historia de quen foi coñecida como a "nai dos dereitos civís" en EE.UU. : Rosa Parks.

A Galería de Arte ofrece o traballo da destacada e tamén esquecida pintora mexicana Mara Izquierdo, mentres que en Mullerciclopedia apúntase o primeiro libro de poemas de Lupe Gómez chamado "Pornografía".

Tamén están presentes e renovadas as seccións de Viaxeiras, Foeminas panorámica, Mullerecetario e Noticias.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova