Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe do Ministerio de Industria un proxecto piloto de TDT punteiro a nivel nacional


# Xoves, 19/02/2009
Neste proxecto integráronse varios servizos de lugo.es, primeiro portal municipal de Galicia en TDT

Imaxe Asociada TDT

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu en nome do Concello e da man do Xefe da área de Contidos Dixitais do Ministerio de Industria, Tecnoloxía e Comercio, Joaquín Abati Gómez, o Proxecto TDT en Avanza Local que o Concello presentou en xaneiro do ano pasado solicitando a colaboración de veciños do municipio para probar a iniciativa.

Trátase dun proxecto piloto pioneiro en toda España e que permitirá acceder a contidos do portal web municipal a todos os que teñan un decodificador TDT compatible coa norma MHP.

Os responsables do proxecto explicaron que se trata dunha iniciativa de futuro, que se adianta á evolución lóxica que deben experimentar as comunicacións. Con esta iniciativa experimentouse acerca da resposta dos arredor de 50 usuarios que participaron na proba piloto. As previsións apuntan a que en pouco tempo as mesmas televisións incorporarán este tipo de tecnoloxía.

Neste momento permite comprobar como se poden comunicar os Concellos cos seus administrados, unha opción de futuro, e incluso como os Concellos poden coñecer a opinión dos veciños e veciñas.

A televisión dixital terrestre ou TDT é a aplicación das tecnoloxías do medio dixital á transmisión de contidos a través dunha antena convencional ou de conexión por cable ou satélite.

Aplicando a tecnoloxía dixital conséguense maiores posibilidades, como prover dun maior número de canles, mellor calidade de imaxe ou imaxe en alta definición e mellor calidade de son.

Grazas a esta nova tecnoloxía o Concello de Lugo participa nun proxecto que posibilita ofrecer aos usuarios, ademais, unha gran variedade de contidos informativos e interactivos a través da súa televisión nun formato de gran calidade, polo que se abren novas posibilidades na provisión de servizos persoalizados e interactivos, incluídos os de administración, que comezaron a denominarse T-Administración (Administración Pública e TDT).

O Proxecto TDT en Avanza Local desenvolveuse en dúas fases:

Fase 1.- Desenvólvenses os aplicativos da Xunta de Galicia na TDT.
Fase 2: No seu desenvolvemento integráronse neste proxecto os portais dos Concellos de Lugo e Sarria que se están a emitir nas canles TDT de TVG e G2.

Concello de Lugo
No Concello de Lugo desenvolvéronse as seguintes aplicacións no seu portal web www.lugo.es:

- Noticias.- Aplicación informativa coas noticias de actualidade
- Axenda.- Aplicación informativa coa axenda do Concello
- Enquisas.- Aplicación interactiva na que se lle presentará ao usuario unha enquisa na pantalla e poderá particiar enviando a súa selección.
- Teléfonos.- Aplicación informativa cos teléfonos de interés.
- Avisos.- Aplicación informativa cos avisos.

Este proxecto permítelle ao Concello de Lugo:

- Participar nun proxecto piloto punteiro a nivel nacional.
- Sin coste para o Concello.
- Reducir a fenda dixital coa súa cidadanía.

Dende o Concello de Lugo, enténdese que se trata dun medio de acceso, sinxelo e amplamente estendido, da cidadanía a información útil así como a publicación de servizos online, como pode ser a solicitude de cita previa ou dun certificado. Con ela é posible estender os servizos xa existentes na Administración online e ofrecer información pública moi actualizada.

Un novo concepto: a t-administración
Ao ser a televisión unha canle de comunicación universal e amplamente distribuído, considérase a mellor canle para ofrecer os servizos personalizados e de información das administracións autonómicas e local coa seguridade de que van chegar a toda a cidadanía.

A entrada en funcionamento dos servizos da t-administración causarán un importante cambio social, económico e político ao facilitar unha comunicación directa e integral entre a administración pública e o cidadán que recibirá os servizos municipais na súa casa a través do seu aparato de televisión.

Con este novo sistema de aplicación poderán integrarse os back-office dos distintos concellos e da Xunta de Galicia cos aplicativos ofrecidos a través da TDT para pasar de e-Goberno a T-Goberno reducindo deste xeito a fenda dixital.

A TDT ofrece un medio eficaz de alcanzar a toda a poboación na comodidade do fogar e proporcionar á cidadanía unha nova canle de información de interese público, e ata potencialmente de ofrecer servizos administrativos interactivos de tramitación como os que recolle este proxecto.

Os servizos de TV Dixital dirixidos á Administración e aos servizos públicos baséanse fundamentalmente no estándar aberto MHP (Multimedia Home Platform). Os servizos poden ter ou non canle de retorno; teñen, deste xeito, servizos de «difusión mellorada» ou teletexto avanzado e servizos interactivos.

Neste acto estiveron tamén presentes outros representantes do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, do 112, do Portal de Emprego da Xunta de Galicia, de MeteoGalicia, da CRTVG, de RETEGAL e de Telefónica.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova