Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ao gañador do concurso Jóvenes Traductores


# Xoves, 19/02/2009


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Despacho de Alcaldía ao gañador en España do concurso europeo Jóvenes Traductores, Samuel Darriba, que contou coa participación de 54 institutos de toda España e preto de 700 europeos.

O Alcalde interesouse polo desenvolvemento da proba que consistiu nunha traducción dun idioma a outro, neste caso Darriba elexiu realizala do inglés ao español e dun texto sobre o multilingüismo da Unión Europea.

López Orozco felicitou ao mozo en nome da cidade de Lugo polo premio acadado, “é un recoñecemento do teu traballo“ e animouno a seguir mellorando cos seus futuros estudos de Traducción e Interpretación na Universidade de Salamanca.

O Alcalde, acompañado por outros membros dos grupos políticos con representación municipal, entregou a Samuel Darriba unha figura en recordo da súa visita ao Concello de Lugo polo premio acadado.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova