Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Apróbase a contratación 21 dos proxectos do Concello de Lugo incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local


# Venres, 20/02/2009
As actuacións, que suman máis de 607.000 euros, se levarán a cabo para mellorar os camiños da zona rural, o saneamento de Estrada da Granxa Adxudicáronse as obras para tres proxectos do Fondo Estatal

A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o investimento de 607.092 euros en dezanove das obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local que mellorarán as capas de rodadura de camiños da zona rural e o saneamento en Estrada da Granxa. Entre os proxectos incluídos dentro do fondo para o Lugo rural inclúese o arranxo de 91 quilómetros nas principais vías de comunicación das parroquias dos que se aprobaron en Xunta de Compras un total de 17:


 -Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño (Parroquia de Ribas de Miño): 28.977 EUROS


 -Camiño dende Conexeira ao núcleo de Piñeiro (parroquia San Martiño de Piñeiro): 35.707 EUROS


-Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda (Parroquia de Monte de Meda): 15.836 EUROS


-Camiño dende estrada D.P. 29-1  A Uceira a Vilar de Poutomillos (Parroquia de Poutomillos): 27.344 EUROS


-Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira (parroquia de Camoira): 45.496 EUROS


-Camiño de Outeiro a estrada LU-232 (Parroquia de San Salvador de Outeiro): 46.089 EUROS


-Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces (parroquia de O Burgo): 43.016 EUROS


-Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín (parroquia de Bacurín): 49.467 EUROS


-Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán (parroquia de Santiago de Meilán): 48.950 EUROS


-Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas (parroquia de San Xoan de Pena): 25.132 EUROS


-Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial (Parroquia de San Andrés de Castro): 23.017 EUROS


-Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin (Parroquia de San Martín de Ombreiro): 40.079 EUROS


-Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá (Parroquia Prógalo): 35.159 EUROS


-Camiño dende a nacional N-640 na Campiña ao paso superior da autovia (Parroquia de San Salvador de Muxa): 45.355 EUROS


-Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo (Parroquia San Vicente de Veral): 19.046 EUROS


-Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial (Parroquia de Sta. María de Boveda): 52.726 EUROS


-Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas (Parroquia de Santa María  Teixeiro): 16.059 EUROS

 

Ademais, a Xunta de Compras aprobou o investimento de 9.626,86 euros para a renovación do saneamento en Estrada da Granxa incluído tamén dentro dos 79 proxectos aprobados dentro do Fondo Estatal de Investimento Local para o ano 2009 e que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.

 

Adxudicación de obras

Ademais, a Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou xa tres obras incluídas tamén dentro dos proxectos do Fondo Estatal:

 

- A remodelación das pistas de tenis do parque de A Milagrosa:161.648 EUROS

 

- Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Oeste á cidade de Lugo: rotondas e medianas da Avenida de Breogán: 58.378 EUROS

 

- Mellora dos contornos ou espazos públicos urbanos do acceso Leste á cidade de Lugo: zonas verdes, rotondas e medianas na prolongación da avenida de Infanta Elena, entre Ponte Romai e rúa Monforte: 77.279 EUROS




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova