Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo, o Presidente da Deputación e o Reitor da USC asinan un convenio para a implantación das TIC na empresa de Lugo


# Luns, 23/02/2009
Participan 48 empresas seleccionadas por el Ayuntamiento y el ente provincial desde las entidades que colaboran con el proyecto

Imaxe Asociada Convenio USC

O orzamento total desta iniciativa é de 35.360 euros e permitirá a posta en marcha de tecnoloxía moderna na empresa lucense

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración para a execución dun proxecto de formación de Dinamizadores Tecnolóxicos para a implantación de ferramentas de xestión do coñecemento de código aberto.

Neste momento xa hai 48 empresas de diferentes sectores, que foron seleccionadas a través de entidades que colaboran no proxecto como son o CEI-Nodus, a Asociación de mulleres empresarias, a Asociación provincial de hostaleiros, Asociación de Jóvenes Empresarios e a Fundación CEL.

O obxectivo desta iniciativa, que conta cun investimento por parte de Deputación e Concello de 35.360 euros,  é demostrar ás empresas as vantaxes do uso das TIC para mellorar a súa xestión e ganar en competitividade.

As novas tecnoloxías da información e da comunicación, as denominadas TIC, aportan ás pequenas e medianas empresas (pemes) eficacia e rendabilidade. Segundo un estudo da Unión Europea o uso das TIC supón un incremento dun 40% da productividade no tecido empresarial.

Os responsables local e provincial destacaron a importancia que ten o coñecemento e uso das novas tecnoloxías na xestión diaria, xa que abren novas oportunidades de desenvolvemento, de riqueza e de emprego.

López Orozco suliñou que “é importante animar aos empresarios e empresarias a potenciar a súa presenza en internet para seguir medrando, a perderlle o medo ás novas tecnoloxías. Debemos engancharnos a elas como a mellor fórmula para ser competitivos e ganar en productividade”.

Pola súa banda, Gómez Besteiro destacou que no ciclo económico actual a implantación das novas tecnoloxías, xunto co fomento do emprego, permitirán que os empresarios sexan máis competitivos. Deste xeito, subraiou que a Deputación destina a este fin  15.513.226 euros. “Para superar esta etapa económica a solución non só pasa pola austeridade, senón que é imprescindible innovar e redefinir modelos de xestión que nos van permitir ser máis competitivos. Os novos empresarios teñen que ver na innovación unha vacina contra a crise”.

Na actualidade arredor do 57% das pemes de toda España traballan con internet e grazas a este proxecto as empresas pequenas e medianas de Lugo terán acceso a novas ferramentas útiles para o seu traballo. O Alcalde lucense sinalou que “a aposta clara deste goberno nun ano coma este, é estimular o emprego. Cremos nos emprendedores e nos empresarios, no seu traballo como clave para sair da crise, e estaremos ao seu carón”.

Fases do Proxecto
o É un proxecto de implantación de ferramentas de código aberto en pemes e asociacións empresariais do municipio e da provincia.

o Conta cun equipo de 12 dinamizadores TIC, estudantes de último curso da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

o Na primeira fase, realizaranse sesións de demostración das ferramentas para motivar ás empresas: intranets, portales, xestión de relacións con clientes, xestión documental.

o Máis adiante asignarase un dinamizador a cada empresa para apoiar a implantación das ferramentas.

o Finalmente, levaranse a cabo unhas xornadas de difusión de experiencias para expoñer os prototipos desenvolvidos.

O período de execución deste proxecto é ata o 30 de xuño de 2009 a farase a través da Aula TIC-PEMES da Facultade de Empresariais de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova