Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia os trámites para o saneamento da Louzaneta por case 15 millóns de euros


# Luns, 23/02/2009
O Presidente do ente visitou por primeira vez oficialmente a cidade para anunciar este investimento moi demandado polo Alcalde

Imaxe Asociada Recepcion

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, anunciaron hoxe “con moita satisfacción” o inicio dos trámites para a contratación do proxecto de saneamento da Louzaneta. Unha obra que, segundo salientou o Alcalde, “acaba cunha situación que era unha preocupación deste goberno e á que puxo fin a Confederación Hidrográfica”

Trátase dunha obra que contará cun orzamento que supera os 14 millóns de euros e que dará servizo mediante unhas tuberías de case 4 quilómetros de lonxitude, a 3.000 veciños e veciñas de Lugo.

Esta obra, que conta cun orzamento de 14.990.000 euros, aínda que se prevé un custe total inferior, dotará de saneamento aos polígonos residenciais da zona da Louzaneta e tamén ás industrias que aproveitarán estas redes.

Nestes anos, tal e como explicaron López Orozco e Fernández Liñares, a realidade non coincidiu coa previsión urbanística realizada, detectándose nos últimos tempos un forte aumento poboacional das zonas situadas no contorno do polígono industrial de A Louzaneta. Esta situación, explica a demanda feita polo Alcalde en numerosas ocasións, da necesidade desta obra: “o Concello non podía asumir este elevado coste, pero era unha prioridade para nós que se levara a cabo”.

O obxectivo buscado polo Concello é garantir unhas calidades de verquido no río Louzaneta previa á súa desembocadura no Río Miño, tendo en conta a proximidade das zonas de baño na época estival (Clube Fluvial) do Miño.

A proposta do Concello é unha actuación de colectores xerais que saneen o cauce do Río Louzaneta (marxe dereita) ata a súa chegada ao Río Miño, dispoñendo nese punto
un tanque de tormentas e continuando cun interceptor na marxe dereita do Río Miño (zona de San Lázaro, Clube Fluvial) dende ese punto ata superar a Ponte Romana, onde se disporía un cruzamento soterrado por debaixo do Río Miño e se conectaría co Bombeo de Augas Residuais que actualmente se atopa executando a Confederación Hidrográfica na obra de Colectores da N-VI.

Desta maneira disporíase un Colector Secundario (Secundario da Louzaneta) que recollería os efluíntes (residuais e pluvias) dos sectores residenciais existentes, das diferentes empresas e actividades existentes na zona (incluidas na cunca vertente) dende a confluencia do Río Louzaneta coa Estrada Autonómica LU-232 (Lugo-Friol) ata a desembocadura no Río Miño, onde se construiría un tanque de tormenta dimensionado para a cunca vertente.

O Presidente da Confederación explicou que o proxecto se contratará en pouco tempo e posteriormente -previsiblemente a finais de ano- se contratará o inicio desta obra “os trámites teñen o seu tempo, pero vou insistir para que se acorten os prazos o máximo que permite a lei”.

Para Fernández Liñares, é unha gran satisfacción “ser eu quen dea luz verde a este proxecto na miña cidade”.

Valores de caudais estimados:

XUSTIFICACIÓN DO CAUDAL MÁXIMO

1. Caudal de augas pluviais

Superficie bruta…………………………………………………………………120Ha
Coeficiente medio de escorrentía………………………………………………..0.35
Superficie neta…………………………………………………………………….42 Ha
Tempo de concentración………………………………………………………51.67 min
Intensidade de chuvia (segundo fórmulas de I-D-F de Lugo)…………….83.73 l/s Ha
Caudal de augas pluviais………………………………………………………3516.58 l/s

2. Caudal punta de augas residuais domésticas en ano horizonte

Superficie de zona residencial…………………………………………………….99 Ha
Densidade de habitantes prevista no ano horizonte……………………………30 hab/Ha
Poboación no ano horizonte……………………………………………………….2970 hab
Caudal medio de augas residuais no ano horizonte…………………………….8.59 l/s
Caudal punta de augas residuais domésticas en ano horizonte……………….20.31 l/s

3. Caudal punta de augas residuais industriais en ano horizonte

Superficie de área industrial……………………………………………………….21 Ha
Caudal medio de augas residuais industriais…………………………………….3.15 l/s
Caudal punta de augas residuais industriais…………………………………….5.04 l/s

4. Caudal de infiltración
Caudal de infiltración………………………………………………………………8.59 l/s

CAUDAL MÁXIMO ANTES DE ALIVIADERO………………………………….3.55 m3/s

CAUDAL MÁXIMO DESPOIS DE ALIVIADERO……………………………….81.90 l/s




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova