O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Voceiro Municipal, José Rábade, e outros membros da Corporación Municipal recibiron na Casa do Concello aos xogadores lucenses do equipo galego de fútbol sala sub 20 que a pasada fin de semana se corou campiona de España nesta categoría.
A selección galega superou na final, disputada en Santiago de Compostela, á de Castela e León con un 5 a 2. Entre os xogadores galegos había unha ampla representación lucenses, como os xogadores do Azkar que foron recibidos no Concello, Hugo, Óscar e Carlos López.
Nesta competición participaron nove seleccións territoriais. O alto nivel da competición demostrouno que moitas delas contaron con xogadores que actualemente actualmente militan na División de Honra.
O Alcalde resaltou a importancia do equipo para a cidade e agradeceulle aos xogadores que sirvan de exemplo para a mocidade lucense, que vexan como se aprecia aos deportistas e os anime a facer deporte para levar unha vida saudable. López Orozco resaltou que “todos temos que colaborar co deporte de base, e calquera que faga a súa aportación será benvido sempre na Casa do Concello”.
O Alcalde entregou aos xogadores como recordo da súa visita ao Concello unha medalla de Sargadelos.