Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo visita o novo Centro de Mando da Policía Local


# Mércores, 25/02/2009
As primeiras semanas da reestructuración da policía revelan datos moi satisfactorios do funcionamento deste corpo de seguridade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Inauguración Puesto de Mando
  • Inauguración Puesto de Mando
  • Inauguración Puesto de Mando

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, visitaron o novo Centro de Mando Policía Local de Lugo que está composto por tres salas independentes que estarán controladas as 24 horas por axentes.

O Centro de Mando está composto de:

1)Sala de Comunicacións.- destinada á recepción das chamadas ao 092.
2) Sala de Videovixilancia.- á que chegan as imaxes das zonas que contan neste momento con autorización para ter cámaras.
3) Sala de control de Tráfico e accesos.

O Alcalde de Lugo destacou a importancia de modernizar un servizo como a Policía Local “que ten como obxectivo claro servir á cidadanía. Canta máis seguridade hai nunha cidade, máis liberdade hai e canta máis liberdade, máis seguridade”.

López Orozco referiuse aos datos dos que dispón a Delegación do goberno e que indican que Lugo é unha das cidades máis seguras de España “ese é o camiño polo que queremos seguir. Temos unha extraordinaria Policía, e hoxe é un bo momento para recordalo” O mandatario lucense pediu tamén aos reponsables políticos “que traballen en positivo para mellorar a cidade, que sexan conscientes do dano que lle están a facer a Lugo cando desprestixian a un corpo de seguridade fundamental como é este”.

Videovixilancia
Dende o 23 de xaneiro o Concello de Lugo conta coas preceptivas autorizacións por parte da Axencia de Protección de Datos para o emprego de cámaras de videovixilancia en diferentes puntos da nosa cidade.
As autorizacións pódense consultar a través da páxina web da axencia de protección de datos:
Consultar na web

A autorización por parte da Axencia de Protección de Datos é o resultado dun proceso que parte da autorización do Proxecto de Videovixilancia na Delegación do Goberno e no Ministerio de Xustiza. Unha vez aprobado en Xunta de Goberno Local e da súa publicación no Boletín Ofical da Provincia de Lugo (nº 00249 do 28/10/2008) dase traslado á Axencia de Protección de Datos para o seu trámite e posterior aprobación.

Os puntos de videovixilancia autorizados son:
-Accesos a Polígono Industrial de O Ceao
-Muralla de Lugo
-Edificio da Policía Local
-Videovixilancia de Tráfico

Rábade explicou que o sistema de videovixilancia “nunca substituirá á Policía, senón que é un instrumento máis para garantir a seguridade da cidadanía, que é o noso principal obxectivo.

Balance moi positivo da reestructuración
José Rábade pola súa banda, lembrou que dende o 9 de febreiro comezou a funcionar a reestructuración da Policía Local, e “no prazo de 16 días de traballo efectivo das novas divisións podemos salientar datos moi positivos que proban que a reestructuración levada a cabo empeza a dar os seus froitos”.

 A Agrupación de Tráfico e Seguridad Vial desenvolveu os seguintes servizos desde a súa creación ata o día 22/02/09:

•          96 Intervencións en disciplina de tráfico.
•          53 Intervencións en accidentes de circulación.
•          20 Accións de patrullaje preventivo.
•          15 Accións de apoio e regulación.
•          13 Informes por auxilio e seguridade vial.
•          14 Informes por deficiencias na vía pública.
•          10 Controis de alcoholemia, radar e cinto de seguridade.

     Resulta un total de 221 accións/intervencións.

DATOS ACTUACIÓNS SALIENTABLES DE PATRULLA VERDE

DENUNCIAS DISCIPLINA URBANISTICA

CONTROL DE LOCAIS

DENUNCIAS DE LOCAIS

DENUNCIAS VEHÍCULOS ABANDONADOS

4

36

7

12

Os membros da Patrulla Verde realizan ademais tarefas de control de cumprimento de ordenanzas municipais (medioambiente e animais), tarefas administrativas relacionadas coa concesión de pasaxes, autorizacións de guindastres, informes de localización de cidadáns, control de ruídos etc…Así mesmo realizan a vixilancia establecida anteriormente a locais da cidade que xa estaban denunciados por carecer de licenza de apertura.

DATOS DA AGRUPACIÓN DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL

A agrupación de tráfico realizou durante dúas fins de semana consecutivas, controis de alcoholemia e de rádar; e de xeito diario, como Policía adherida ás campañas da DXT, o control de documentación e de cinto en diferentes puntos da cidade

Control de alcoholemia do 14 al 15 de febreiro de 2009
* 53 condutores controlados
* 4 deron positivo; 2 deles foron denuncias administrativas e os outros 2 iníciase dilixencia por delitos contra a seguridade pública

Control de alcoholemia do 21 ao 22 de febreiro
* 21 vehículos controlados. 2 foron denunciados con sancións administrativas

Sancións por exceder a taxa de alcoholemia permitida (condutor xeral)
0.29 e 0.31.- 450 euros e retirada de 4 puntos
0.32 e 0.34.-520 euros e retirada de 4 puntos
0.35 e 0.50.-600 e retirada de 4 puntos
A partir de 0.51.- 600 euros e retirada de 6 puntos

 Control de rádar do 21 ao 22 de febreiro:
* 270 vehículos controlados

23 denuncias,1 delas por condución temeraria.

Os vehículos denunciados tiñan unha velocidade de entre 70 e 105 km/h

Sancións por superar límite de velocidade permitido na zona (50 km /h)
61 a 80 Km/h.-100 ou 120 euros
81 a 90 Km/h.-140/150 euros e retirada de 2 puntos
91 a 97 km/h.-380 ou 450 euros e retirada de 6 puntos
98 a 104 Km/h.- 450 ou 520 euros e retirada de 6 puntos
105 km/h en diante520 ou 600 euros e retirada de 6 puntos          

O importe da sanción dependen do tipo de vehículo. Se supera os 3500Kg e ten capacidade para máis de 9 viaxeiros aplícase a sanción de maior contía.

Grúa e intervencións en accidentes
No referente a disciplina de tráfico dende o 9 de febreiro a grúa actuou 31 veces retirando vehículos que obstaculizaban pasaxes, zonas de carga e descarga, pasos de peóns etc.

Cabe destacar a intervención da agrupación de tráfico nun total de 36 intervencións en accidentes de tráfico ocurridos na nosa cidade.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova