Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo publica a modificación da localización dalgúns colexios electorais


# Xoves, 26/02/2009


Para evitar problemas á hora de exercer o dereito ao voto á cidadanía nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 1 de marzo, o Concello de Lugo fai pública a modificación na localización dalgúns colexios electorais de determinados distritos e seccións.

Aconséllase aos electores pertencentes aos distritos e seccións que se relacionan a continuación que comproben que as súas tarxeta censuais coincidan coa nova ubicación dos seguintes colexios electorais.

- Distrito 2- Sección 5.- Centro Social e de Día Entre Carrís (rúa Primaveira, nº 37) Antes votaban no IES Sanxillao.

- Distrito 2 -Sección 6.- Gardería Infantil de Sanxillao (rúa Vila Verde, cidade de Portugal nº23) Ata o de agora votaban no INEM.

- Distrito 2- Sección 14.- Centro Social e de día Entre Carrís (rúa Primaveira, nº 37) Ata agora votaban no INEM.

- Distrito 5- Sección 8.- Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (Ronda da Muralla nº 134) Ata o de agora votaban na Xefatura de Obras Públicas, tamén na Ronda da Muralla).

Para máis información respeto das rúas e números que comprende cada distrito e sección, pode consultarse o BOP nº8 do luns 12 de xaneiro de 2009.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova