Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza o III curso de vixiante de seguridade e o II de especialista en explosivos e escolta privado


# Luns, 02/03/2009
O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de marzo

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Área de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza o terceiro curso de vixiante de seguridade, e o II Curso de Especialista en Explosivos e Escolta Privado que se impartirá a cargo do Grupo Cetssa.

Estos cursos están subvencionados polo Plan Nacional de Drogas e o Concello de Lugo, o que fixo que quedase reducido os prezos dos cursos, pagándose 300 euros polo de vixiante e 100 euros polo de experto en explosivos.

O prazo de inscrición para participar nestes cursos, para o que hai un número limitado de prazas, está xa aberto e remata o día 7 de marzo. Esta deberá realizarse chamando ao teléfono de atención cidadá do Concello de Lugo 010 ou 982 297 350 se chama dende fóra de lugo. Os interesados en ter máis información sobre os cursos poden poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogodependencias sito no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra ou chamando ao teléfono 982 297 498.

O curso de vixiante de de seguridade impartirase os venres, de catro a dez, e os sábados de nove a dúas e de catro a dez, cunha duración de 180 horas do 13 de marzo ao 25 de xullo e conta con 50 prazas. Pola súa banda, o curso de especialista en explosivos e escolta privado terá lugar os xoves de 16:00 a 21:00 horas entre o 12 de marzo e o 23 de xullo ofertándose 15 prazas.

Os cursos están dirixidos á poboación lucense maior de 18 anos e, especialmente, a aqueles colectivos con dificultades sociais.  Actualmente calquera destes cursos conta cun amplo abano de saídas laborais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova