Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicada no BOP a apertura do procedemento de adxudicación de catro obras do Fondo Estatal de Investimento Local


# Luns, 02/03/2009
Anúnciase a licitación do novo ximnasio, da ampliación da piscina de Frigsa, dunha casa domótica para persoas con discapacidade e da renovación da cuberta do Concello

O Boletín Oficial da provincia de Lugo publicou hoxe, luns 2 de marzo, a apertura do procedemento de adxudicación de catro obras incluídas entre os 79 proxectos do Concello de Lugo do Fondo Estatal de Investimentos Locais do Goberno para o ano 2009.

Entre estas obras inclúese a execución dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa. O novo ximnasio que vai construir o Concello de Lugo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa. Será un centro deportivo municipal de uso polivalente, aínda que, fundamentalmente, busca dar cobertura á práctica deportiva das escolas municipais. Esta obra conta cun orzamento de 329.809 euros, do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

Pero o Goberno Local demostra unha vez máis o seu compromiso co deporte base e a práctica deportiva xeneralizada do Concello de Lugo con outra obra máis: a ampliación da piscina cuberta e climatizada do Parque de A Milagrosa. Estas obras contarán cun orzamento de 2.708.546 euros que a ampliación das instalacións permitirá ofrecer un mellor servizo aos cidadáns.

Por outra banda publicouse tamén a apertura do procedemento de adxudicación da construcción dunha casa domótica para persoas con discapacidade que contará cun orzamento de 599.488 euros, e da renovación de elementos de cuberta da Casa Consistorial por un importe de 487.832 euros.

Coa publicación da apertura do procedemento de adxudicación destas obras síguense a dar todos os pasos para ter unha gran inversión na cidade, para crear un maior equilibrio entre os barrios e entre o urbano e o rural; pero, sobretodo, para a creación de preto de 400 postos de traballo que propiciarián estas obras en Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova