Cargando....
Concello de Lugo
05/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo incorpora ao servizo de transporte urbán un novo vehículo con rampa para persoas con discapacidade


# Xoves, 05/03/2009
O novo autobús conta cunha capacidade para 76 persoas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Transporte Urbán
  • Transporte Urbán

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron un novo autobús urbano adaptado con rampa para persoas con discapacidade.

O Alcalde  indicou que “estamos nunha constante renovación con interese de que sexan autobuses que poidan estar ao servizo de todos e todas, co obxectivo de que cada vez haia mais usuarios xa que é un transporte moito máis barato, máis ecolóxico e que soluciona os problemas de mobilidade”.

Incorpórase dende hoxe un novo autobús urbán Citaro Mercedes-Benz de piso baixo continuo e equipado con rampa e sistema Klening de arrodillamento para facilitar o acceso dos viaxeiros. Na totalidade das liñas, o cen por cen dos autobuses quedan de piso baixo contínuo (sen chanzos) quedando en reserva un autobús de piso baixo e dous antigos de escalóns para cosa de sustitucións por mantemento, avería, etc.

 A nova unidade conta cunha capacidade para 76 persoas (25 sentadas, 49 de pé e dúas cadeiras de rodas) realizará o seu servizo na liña 5.

Na actualidade os autobuses en servizo de liña con rampa é de 62.5 %, 6 con rampa manual e 4 con rampa eléctrica.

Ademais, coa renovación da flota que o Goberno Local ven realizando dende o ano 2003, a idade dos buses en servizo de liña é, hoxe en día, de 6´49 anos. O Concelleiro de Protección da Comunidade indicou que “o Goberno Local seguirá apostando polo transporte público e por iso continuará invertindo na renovación e melloría da flota nos próximos anos”.

Coincidindo coa presentación do novo autobús, amplíase o uso de biodiesel de 9 autobuses a 10, o que supón que o 62´5% dos autobuses en liña utiliza este tipo de combustible.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova