Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprázase o mercado romano de mulleres artesás por mor do tempo


# Xoves, 05/03/2009
Será do 19 ao 21 de marzo na Praza Maior

Debido ás previsións meteorolóxicas a Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, decidiu aprazar a apertura do mercado romano de mulleres artesás prevista dende mañá venres 6 de marzo ata o domingo 8 de marzo na Praza Maior e que se inclúe no programa do Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. As novas datas para a celebración deste mercado serán do xoves 19 de marzo ao sábado 21.

O resto das actividades programadas continúan sen cambios, comezando mañá venres, coa entrega dos premios Entre Mulleres. A cita será ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello. Nesta ocasióna as homenaxeadas serán a judoka lucense Sara Álvarez e a teceira Carmen Rodríguez Álvarez.

O domingo repetirase, coa colaboración da Concellería de Deportes, a tradicional marcha pola igualdade, que chega á súa sexta edición, animada por pandereteiras e cantareiras de Cantigas e Flores e que rematará á unha cunha chocolatada con produtos do comercio xusto. A Banda Municipal de Música ofrecerá nese momento un concerto no templete da Praza Maior adicado ás mulleres.

O día 16 de marzo celebrarase a Xornada da Muller Xitana: pasado, presente e futuro que terá lugar a partir das 16:30 horas no Centro Social Uxío Novoneyra en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova