Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A tradición e o deporte, protagonistas dos premios Entre Mulleres 2009


# Venres, 06/03/2009
A judoka Sara Álvarez e a terceira Carmen Rodríguez foron as homenaxeadas este ano polo Concello de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Premios Entre Mulleres
  • Premios Entre Mulleres

Os Premios Entre Mulleres 2009 foron entregados polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e pola Delegada Provincial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Branca Rodríguez Pazos, nun acto que tivo lugar este venres, 6 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, lembrou que o 8 de marzo cumprense xa os 101 anos do Día Internacional da Muller, da celebración do traballo e esforzo de millóns de mulleres que dalgunha maneira contribuiron e contribuen á defensa da igualdade, do feminismo e dos dereitos das mulleres.

Tanto o Alcalde como a Concelleira suliñaron que hai que ser conscientes dos avances acadados, pero hai que seguir traballando para acadar unha completa igualdade. “Temos que seguir sumando esforzos para non voltar atrás”.

Os premios galardoaron este ano a dúas mulleres que fan visible o seu esforzo en setores moi distintos:

- Sara Álvarez, campiona de europa sub-20 de Judo.-  Segundo explicou Basadre, este premio ven a recoñecer o seu esforzo persoal para acadar o éxito deportivo e facelo visible para toda a sociedade, para os veciños e veciñas de Lugo. O seu entrenador recibiu o premio en nome da deportista lucense xa que esta se atopa en Madrid para participar no Campionato de Expaña de Judo.

A Concelleira indicou que o deporte ten potencialidade mediática e educativa, constitúe un motor de cambio social e contribúe a promover a igualdade entre homes e mulleres. Hai que erradicar as estructuras do deporte que manteñen barreiras e desigualdades entre os xéneros, polo que “dende o Concello queremos e debemos promover o deporte feminino”. Basadre reafirmou o seu compromiso na loita porque as mulleres gocen e disfruten co deporte e cos beneficios que conlevan, “queremos mulleres impricadas na actividade física, na dirección, xestión, entrenamiento, arbitraxe, no periodismo deportivo, na formación, na investigación e, por suposto, na práctica das diferentes disciplinas”.

- Carmen Rodríguez Álvarez , terceira e mestra de teceiros e teceiras. Este premio ven a recoñecer o seu labor por manter viva unha tradición , a nosa cultura , facendo que chegue aos máis novos, para que os nenos e as nenas a continúen. Manter a cultura e manter a memoria, a historia, a vida .  


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova