O vindeiro domingo, 8 de marzo, terá lugar un torneo amistoso de kárate infantil-xuvenil da provincia de Lugo organizado polo Concello de Lugo.
Este torneo supón o primeiro contacto para as categorías alevines e infantiles e que servirá de preparación para o campionato galego que esta previsto que se celebre a finais do mes de marzo.
Entre os competidores que tomaran parte neste evento, destacan, Carmen Linares, German Linares o Mara Vila, integrantes da última selección galega que representou á nosa autonomía no Campionato de España. Asemade, e casi recén chegados do Campionato de España Cadete, participarán Noemí Lage e Asier Gayoso tamén integrantes do equipo da Selección Galega de Kata.
A competición terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes en xornada de mañá e será exclusivamente desenvolvido na modalidade de kata (técnica). Pariciparán preto de 300 deportistas dos seguientes clubes organizadores:
- Agrupación Deportiva Colexio Anexa
- Agrupación Deportiva Divino Maestro
- Club Chantada de Karate
- Club Franciscanos de Karate
- Club Galaico
- Club Seiken-Maristas
- Club Shihan
- Colegio Rosalía de Castro
- Colegio Sagrado Corazón
- Colegio Salesianos
- Escolas deportivas Concello de Chantada