Imprimir

O VELLO CÁRCERE DE LUGO SERÁ O ESCENARIO PARA A GRAVACIÓN DUNHA LONGAMETRAXE FRANCESA 


6/3/2009 O Director do filme comprometeuse co Alcalde de Lugo a incluir o nome da cidade no argumento e a levalo por todos os países nos que presenten a película

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao director francés, Jacques Sechaud, e o director de producción, Thierry Baudrais, que próximamente rodarán en Lugo a película Suerte.

Os directores explicaron ao Alcalde que utilizarán o vello cárcere ao longo de 7 días como principal escenario no que se desenvolve o argumento do filme adaptado a partir dunha novela homónima de Claude Lucas.

López Orozco, que demostrou cos responsables da película o seu dominio do francés, pediulles que a cambio de usar este espazo, difundan o nome da cidade por todos os países nos que presenten a longametraxe. O director, Jacques Sechaud, non só se comprometeu a iso, senón tamén a modificar o guión e incluir a Lugo no mesmo. Os compromisos de difusión e cesión do espazo, plasmaranse nun acordo de colaboración entre as dúas partes.

A productora francesa coñecía o bo estado de conservación do vello cárcere que mantén o aspecto que tiña cando estaba en funcionamento. Iso foi o que os decidiu a pedir información ao Concello e desprazarse dende París ata a cidade para poder vela.

A película conta a historia de Christian Lhorme -adaptada da vida do escritor, Claude Lucas-, un atracador afeccionado e solitario que elexiu unha existencia desarraigada e sen finalidade algunha, que o levou ao cárcere.

Vive nunha gran cidade, entre o bar de Antonin Buchat e a relación cunha muller que vai cando lle vén en gana. Despois dos atracos, cando ten diñeiro, refúxiase en España, pero tampouco sente máis que o vacio da súa existencia.

Segundo lle comentaron ao Alcalde, na película haberá referencias tamén ao libro El Extranjero de Albert Camus.

Festivais internacionais
A película Suerte será a cuarta longametraxe dos produtores Sebastián de Fonseca e Cedric Walter despois do Home que camiña de Aurelia Georges (Festival de San Sebastián en 2007 - Estrea en Francia o 9/01/08), Na cidade de Sylvia do director Jose Luis Guerin (Mostra de Venecia - Estrea en Francia o 10/09/08 ), A terceira parte do mundo de Eric Forestier (Festival de Montreal - Estrea en Francia) e Avant Poste de Emmanuel Parraud.

Red Star cinema
Longametraxes:
- EL EXILIO Y EL REINO longametraxe documental de Jonathan Le Fourn e Andrei Schtakleff

- LAS PRUEBAS DE AMOR de Aurélia Jorge, coescrito con Maud Ameline.

- PLATTER LAND de S. Luis, coescrito con Margarita Baux, Antoine Barraud, Rosario Romagnosi.

Curtametraxes:
- VALERIE YA NO ESTÁ de Pascal Cervo 35mm / 20 minutos.

- LA ANUNCIACIÓN de Laurence Balan e David Bart 35 mm / 15 minutos

- EL HOMBRE DEL LAGO de Guillermo Bureau 35mm / 20 minutos

- EL JARDÍN DEL EDÉN de Sebastián Ors Coproduction con Las Películas de la Gran osa 35mm / 45 minutos

- MI ÁRBOL de Bérénice André 35mm / 45 minutos

Documentais:
- SAMBATRA de Ronan Leroy y Solo Ignacio Randrasana Vidéo / 52 minutos.

- ENTONCES, LOS MADUROS de Julián Sallé Vidéo / 60 minutos

- LUCE Y YO, PERIÓDICO DE UNA ENCUESTA de Raphaëlle Gosse Gardet y Juan - Francisco Tatin Vidéo / 52 minutos.

- MI VISIÓN BASTA PARA MÍ de Bettina Clasen Vidéo / 52 minutos

- ESPERANDO LOS BELLOS DÍAS de Béatrice Ly Cuong Vidéo / 52 minutos

- INMIGRO de Johanna Bedeau Vidéo / 52 minutos

- D.A.E.U.De Johanna Bedeau Vidéo / 52 minutos

- COREOGRAFÍAS DE HOY de Eric Legay Vidéo / 6 x 60 minutos

- OTRO TIEMPO de Eric Legay Vidéo / 52 minutos

Corpus e Arde Lucus
Os representantes da productora amosaron un gran interese por coñecer a historia da cidade de Lugo que lles explicou o Alcalde. Aproveitarán a súa visita á cidade para gravar as procesións de Corpus e o Arde Lucus, xa que coinciden coa súa estancia aquí.

López Orozco explicoulles ademais a rehabilitación que se levará a cabo no vello cárcere dentro do Plan Urban e que permitirá a súa transformación-mantendo a esencia do edificio- unn centro Cultural Polivalente