Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Asamblea Xeral da Rede de Cidades Catedralicias decide que o cuarto sábado de outubro sexa o Día das Catedrais


# Luns, 09/03/2009
Na xuntanza participou o Alcalde de Lugo representando á cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Cidade Catedralicias
  • Cidade Catedralicias

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na xuntanza da Asamblea Xeral da Rede de Cidades Catedralicias, da que forma parte Lugo.

Na reunión, que tivo lugar en Ávila, cidade que preside a rede neste ano 2009, decidiuse a celebración do Día das Catedrais cada cuarto sábado do mes de Outubro. Cada cidade deberá organizar actos conmemorativos nese día, que se porán en coñecemento da Rede de Cidades para a súa difusión nacional.

A Asamblea, tamén aprobou a elaboración dunha Unidade Didáctica que recolla a historia das catedrais integradas na Rede, así como a preparación dunha exposición itinerante sobre a historia destes monumentos, da súa evolución, dos cambios na paisaxe que as rodea, nos cambios sociais que experimentaron…

O Alcalde de Lugo destacou que os representantes das cidades acordaron a incorporación da cidade de Orihuela, o que incrementa a 19 o número de integrantes desta Rede Española. Ademais tamén anunciaron que a partir de setembro deste ano, ao longo de 22 domingos, a ONCE vai dedicar cada cupón a unha catedral española.

Con esta iniciativa Cidades Catedralicias pretende darse a coñecer en toda España, difundindo o seu labor de promoción e posta en valor do patrimonio cultural das agora xa 19 cidades históricas con templos catedralicios que forman parte desta asociación de turismo cultural.

Finalmente na xuntanza decidiuse a creación dunha Comisión Técnica que se reunirá cada 6 meses e a aprobación das contas do 2008 e o orzamento do 2009 que ascende a 108.000 euros.

Cidades Catedralicias fundouse en Plasencia (Cáceres) en febreiro de 2006 con doce cidades fundadoras: Ávila, Badajoz, Baeza, Burgos, Córdoba, Coria, Cuenca, El Burgo de Osma, León, Plasencia, Salamanca e Zaragoza, ás que posteriormente se engadiron novos socios como: Lugo, Alcalá de Henares, Jaén, Las Palmas de Gran Canaria, Lleida, Tudela e Orihuela, ata un total de 19 cidades, pero coa curiosidade de que catro delas teñen dous templos catedralicios: Lleida, Plasencia, Salamanca e Zaragoza. Cidades Catedralicias está representada en 10 comunidades autónomas.

As finalidades desta Rede de cooperación son: actuar conxuntamente na promoción e defensa do patrimonio urbanístico, arquitectónico, medioambiental, histórico e cultural dos municipios que a compoñen, e especialmente do seu patrimonio catedralicio, realizando proxectos e propostas comúns; promover o intercambio de experiencias como medio de contribuir á proxección nacional e internacional das cidades; e  planificar e desenvolver unha política de produción e promoción turística e cultural.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova